Dende MakersLugo, este 2018 será o quinto ano consecutivo que intentaremos outro evento maker aberto a tódolos públicos. Aproveitando a celebración global do Arduino Day, será o sábado 12 de Maio, en Lugo.
Pretendemos que sexa un día de celebración, con outros makers, de coñecernos, de charlas, de ideas, e de mostrar esa cacharada que fas na casa, ao público. Como o que nos gusta é compartir e aprender, estamos deseosos de novos «trasteadores» e «pensantes», que queiran mostrar os seus proxectos, presentarnos as súas ideas, ou facer pequenos obradoiros.
Nós mostraremos algo do que temos entre mans, pero queremos contar co maior número de persoas. Así que dende aquí abrimos un período de propostas a todo aquel que desexe un espacio para amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres, ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.
Para tratar de organizar, o formulario de participación estará ata os últimos días antes do evento. Ou a través do contacto deste blog.
[googleapps domain=»docs» dir=»forms/d/e/1FAIpQLSc_evZMY_rYWhU_XSWoVwBf_Agzuigy8ohzUiQzr2RvqIbQug/viewform» query=»embedded=true» width=»760″ height=»500″ /]