Instalación gateway de LoRa en Lugo

Investigando para probar a tecnoloxía LoRa, atopamonos pronto co problema de que na cidade de Lugo, a cobertura desta tecnoloxía e inesistente, so existen tres gateways de índole privada, con casi nula cobertura, ao tratarse de gateways instalados en interior.

Debido a isto, comezamos a estudar a posibilidade de instalar un gateway. O noso local encontrase ubicado no CEI Nodus, que esta xusto ao lado do parque de bombeiros de Lugo. No cal conta con unha torre de nove pisos de altura, seria a ubicación perfecta!! Isto foi o primeiro que se nos veu a mente, pero para contrarrestar isto, decidimos facer un estudo da cidade, en canto a cotas de altitude, para ver cales serian os obstáculos que nos restarían cobertura directamente.

Aqui vos deixamos unhas imaxes nas cales a chincheta e a torre de bombeiros.

Como conclusión obtivemos que e a zona da cidade mais alta, por debaixo do polígono industrial do CEAO, e consideramos que e a mellor ubicación para instalar o noso gateway. Desta forma diriximonos a falar co CEI Nodus, para ver se e posible instalar un mástil de tres metro cunha antena para comezar a cacharrear con LoRa en Lugo.

Despois de comentar o noso proxecto coas persoas pertinentes, o proxecto tivo unha gran aceptación. De tal forma que procederíamos a instalación do primer gateway público de Lugo , na torre de bombeiros da cidade. Así que nos puxemos mans a obra, e encargamos o mástil de tres metros, para poder acoplar a antena, xunto cunha caixa estanca, na cal ira o noso gateway.

Unha vez tiñamos o mastil listo para ser instalado, decidimonos a instalalo na torre de bomberos, para isto dispuxemonos de cámara e dron, para que este momento quedara inmortalizado, e así poder mostralo. As vistas que ten o gateway esta claro que son privilexiadas na cidade de Lugo.

Deixamosvos un pequeno video, donde se pode ver como foi a instalación do gateway, temos todavia algunhas cousas por rematar, pero debido a situación actual timos isto en standby.

AGRADECEMENTOS:

CEI Nodus, Concello de Lugo, Sislove

Deja una respuesta