Arduino Day Lugo 2019

Organizado por MakersLugo , este será o sexto ano consecutivo , en Lugo. Unímonos á celebración conxunta a nivel mundial do Arduino Day. Será un evento aberto e para tódolos públicos, o sábado 6 de Abril. Decidindo esta data, para non coincidir con outros Arduino Day de España. Apoiados polo Concello de Lugo, co espacio no CEI-Nodus.

Xuntarémonos con máis  makers. Ven a charlar con eles.  Expoñeremos cacharros. Ven a coller ideas ou a expoñer as túas. ¿Queres aprender? Faremos talleres. ¿Non tes idea de que vai isto? Pásate a descubrir o mundo aberto de Arduino e os seus efectos,  e sobre todo a coñecer a comunidade tecnolóxica, educativa, industrial, artística,… que medra ó redor  compartindo os coñecementos tecnolóxicos.

AXENDA:

  • Exposición aberta:
    • De 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30
    • Teremos makers expoñendo os seus traballos. Poderás preguntar e cacharrear.
    • Se queres trae o teu portátil, arduino,… Terás entendidos que che orientarán coas túas dúbidas sobre arduino, impresión 3D, robótica e artistadas maker en xeral.
    • Apúntate para poder facer sitio e presenta o teu cacharro. Estamos desexando ver cousas novas ou curiosas.
  • Reto Impresión 3D:
    • Durante todo o día estaremos a construír con pequenos bloques, un tramo da Muralla de Lugo.
    • Para contribuír coas tuas pezas, esta todo explicado no seguinte enlace.
  • Exposición de proxectos
  • Ponencias breves:
    • Odoo+Arduino. (de 12:30 a 12:45)(Comunitea
    • Cyclops-Project. (de12:45 a 13:00)(Ruben Espino)
    • Iniciación a impresión 3D e primeiras dudas. (de 13:00 a 13:15)(Triesfera)
  • Competicións de Robótica(Siguelineas e Sumo Robot):Apúntate e ven a divertirte con nós. Serán competicións de iniciación (tamén para nós) e para  tódas as idades e niveis. Fíxate ben nas reglas.
  • Talleres: aprender é divertido. Saca partido o día. Outro ano mais, con algo de axuda, ofrecemos catro talleres.

COLABORAN E AGRADECEMOS A:

Concello de Lugo, CEI-Nodus, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Galink, 3Dcpi, RaiolaNetworks, Triesfera, Cienciakids, BricoGeek,Electroson, Echidna,Comunitea.

                              

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.