Periódicamente os sabados polas mañans en Makers Lugo xuntamonos para compartir coñecementos adquiridos durante a semana, charlar e incluso de cando en vez idear novos proxectos.
Ayer día dez de Marzo, xuntamonos uns cantos socios, a actividade era visible e todos tiñamos ganas de cacharrear.
Un dos nosos socios, tiña a necesidade de imprimir un adaptador para o ventilador de capa da súa futura Impresora 3D. Entón tocou o momento de poñer a punto a nosa Prusa I3,que levaba un tempo sen uso. Pero despois de un par de retoques a imprimir!!
Tamén estaban polo local outras impresoras como a do noso socio @fendetestas, que estaba a ter problemas con desplazamento de capas, aproveitou a mañan para ir descartando posibles fallos e ir poñendo a funcionar esta pedazo de Impresora 3D.
Tamén trouxo esta pequena CNC na que esta a traballar e a facer modificacións para poder fresar con ela pequenas PCBs.
E polo medio de tantas máquinas atopabanse as pezas que xa imos tendo listas para o noso robot Inmoov, que avanza a pasos axigantados.