Viseiras de protección e salva orellas

Dende Makers Lugo, estamos a colaborar coa impresión 3D de viseiras de protección e salva orellas, para doar aos profesionais que se atopan en primeira liña, loitando contra esta pandemia.

Estas viseiras son un medio complementario aos EPIS de seguridade, e dicir, non e unha substitución , senón que é unha forma de protección extra. A entrega de estas viseiras realizase en bolsas cerradas hermeticamente. Cando as viseiras chegan aos profesionais, estes deben desinfectalas, montar o acetato e a goma de suxeición.

Os salva orellas serven para poder suxeitar as mascarillas, sen necesidade de que a goma das mesmas pase polas orellas, e asi aliviar a carga que estas sofren, en largos turnos de traballo.

Aínda que intentamos minimizar o contacto coa viseira, salvaorellas e os materias e moi importante a súa desinfección antes do seu uso

Aclarar que todo isto facémolo de forma altruísta, grazas as doacións de cada un dos nosos socios, e empresas ou persoas particulares que nos axudan con material. Podes ver as doacións no seguinte enlace. Chéganos moitas peticións de viseiras, e estamos facendo todo o posible por cubrilas, e axudar en todo o que nos sexa posible.

Se queres facer unha doación para que poidamos seguir fabricando viseiras e salva orellas, ponte en contacto con nos en makers.lugo@gmail.com. So se aceptan doacións en material, preferiblemente PLA para as impresoras 3D.

Si necesitas viseiras ou salva orellas, ou coñeces alguen que as necesite, inscribete no seguinte formulario, e poñeremonos en contacto contigo, o mais pronto posible.

Si estas a fabricar viseiras ou salva orellas, e non sabes onde entregalas, podes rexistrarte no seguinte formulario, e nos organizaremos a recollida, todo isto dentro das nosas posibilidades.

Instalación gateway de LoRa en Lugo

Investigando para probar a tecnoloxía LoRa, atopamonos pronto co problema de que na cidade de Lugo, a cobertura desta tecnoloxía e inesistente, so existen tres gateways de índole privada, con casi nula cobertura, ao tratarse de gateways instalados en interior.

Debido a isto, comezamos a estudar a posibilidade de instalar un gateway. O noso local encontrase ubicado no CEI Nodus, que esta xusto ao lado do parque de bombeiros de Lugo. No cal conta con unha torre de nove pisos de altura, seria a ubicación perfecta!! Isto foi o primeiro que se nos veu a mente, pero para contrarrestar isto, decidimos facer un estudo da cidade, en canto a cotas de altitude, para ver cales serian os obstáculos que nos restarían cobertura directamente.

Aqui vos deixamos unhas imaxes nas cales a chincheta e a torre de bombeiros.

Como conclusión obtivemos que e a zona da cidade mais alta, por debaixo do polígono industrial do CEAO, e consideramos que e a mellor ubicación para instalar o noso gateway. Desta forma diriximonos a falar co CEI Nodus, para ver se e posible instalar un mástil de tres metro cunha antena para comezar a cacharrear con LoRa en Lugo.

Despois de comentar o noso proxecto coas persoas pertinentes, o proxecto tivo unha gran aceptación. De tal forma que procederíamos a instalación do primer gateway público de Lugo , na torre de bombeiros da cidade. Así que nos puxemos mans a obra, e encargamos o mástil de tres metros, para poder acoplar a antena, xunto cunha caixa estanca, na cal ira o noso gateway.

Unha vez tiñamos o mastil listo para ser instalado, decidimonos a instalalo na torre de bomberos, para isto dispuxemonos de cámara e dron, para que este momento quedara inmortalizado, e así poder mostralo. As vistas que ten o gateway esta claro que son privilexiadas na cidade de Lugo.

Deixamosvos un pequeno video, donde se pode ver como foi a instalación do gateway, temos todavia algunhas cousas por rematar, pero debido a situación actual timos isto en standby.

AGRADECEMENTOS:

CEI Nodus, Concello de Lugo, Sislove

Doacións

Dende Makers Lugo queremos agradecer todas as doacións recibidas, grazas as cales, podemos seguir fabricando EPIs para xente que esta a traballar na primeira liña. Todas estas persoas fixeron un aporte moi importante, posibilitándonos seguir fabricando tanto viseiras como salva orellas. Ádemas de agradecer desde o primeiro momento a todos os nosos socios volcarse na iniciativa.

Esta páxina estará en continua actualización coas novas doacións que vaiamos recibindo. Moitas grazas a todos!!