Taller de iniciación a robótica 2025

Makers Lugo retoma a actividade, tras realizar un cambio de ubicación estamos de novo preparados para potenciar a tecnoloxía libre na cidade. Neste momento o noso local atopase no Pazo de Ferias y Congresos de Lugo, donde contamos con un pouco mais de 50m2 de pura diversión maker!!

Como primeira actividade despois de mudarnos de local, imos a realizar o taller de iniciación a robótica. Neste curso imos a contruir o seguinte robot, aprendendo con el os conceptos mais básicos da robótica.

Unha vez teñamos o robotiño montado o resultado van a depender da imaxinación de cada un das nenas/nenos, contaremos con materiais varios para darlle un toque mais divertido.

O taller vai a realizarse o día 31 de Maio de 11:00 a 12:30 da mañan. Este taller tera un custo de 15€ os cales vos permitirán ao terminar o curso levar o voso robotiño a casa.

O taller vai a contar con 10 plazas e para inscribirse e necesario completar o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf4Z_jQeJyS7fraZbJmMRkksr4ASZrJv7fdrYltT0iOn_psuw/viewform?usp=dialog

Maker Ciencia 2018

Experimentos científicos, impresión 3D e robótica

Dende Makers Lugo coa colaboración da nosa recen incorporada socia Teresa, propietaria de Ciencia Kids, ocorreusenos a idea de realizar un día de portas abertas, para  mostrar a os rapaces e rapazas, que a ciencia e o movemento maker van da man.

O día 22 de Septembro, en horario de 11:00 a 13:00 abriremos as portas ao local de Makers Lugo, situado no CEI Nodus.

Rapaces e rapazas con un rango de idades entre os dez e os dezaoito anos, están convidados a vir coñecer de primeira man o local de Makers Lugo. No cal habera experimentos científicos, impresión 3D, CNC, robótica…e algunha que outra cousiña máis.

Para a asistencia ao Maker Ciencia, e necesario cubrir este pequeno formulario, xa que dispoñemos dun espazo limitado.

As prazas estan completas, pero podes apuntarte para entrar na lista de espera!!

[googleapps domain=»docs» dir=»forms/d/e/1FAIpQLSeqEdSKIQCrBquIZYi_z4sKk5CHoWLxZEeklib4x3poHD5Oxg/viewform» query=»embedded=true» width=»700″ height=»520″ /]

Podes ver unha mostra do que foi neste video.

Competicións de robots en Lugo!!!

Dentro das actividades "lúdicofestivas" programadas no Arduino Day 2018, en Lugo, durante o 12 de maio, temos preparadas competicións de robots sigueliñas e de robots de minisumo. Se che interesa o tema, a nós interésanos xuntar máis competidores…

Se queres participar, só tes que inscribirte e poñer a punto teu robot. Vótalle un vistazo ás regras, e as condicións. Pero somos primerizos seremos flexibles.

Anímate:

Con carreiras de robots sigueliñas.

Ou:

Con loitas de robots de minisumo.


ARDUINO DAY 2018: ¡¡¡chamando a makers!!!

Dende MakersLugo, este 2018 será o quinto ano consecutivo que intentaremos outro evento maker aberto a tódolos públicos. Aproveitando a celebración global do Arduino Day, será o sábado 12 de Maio, en Lugo.

Pretendemos que sexa un día de celebración, con outros makers, de coñecernos, de charlas, de ideas, e de mostrar esa cacharada que fas na casa, ao público. Como o que nos gusta é compartir e aprender, estamos deseosos de novos «trasteadores» e «pensantes», que queiran mostrar os seus proxectos, presentarnos as súas ideas, ou facer pequenos obradoiros.

ArduinoDay2017Lugo

Nós mostraremos algo do que temos entre mans, pero queremos contar co maior número de persoas. Así que dende aquí abrimos un período de propostas a todo aquel que desexe un espacio para amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres, ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.

Para tratar de organizar, o formulario de participación estará ata os últimos días antes do evento. Ou a través do contacto deste blog.

[googleapps domain=»docs» dir=»forms/d/e/1FAIpQLSc_evZMY_rYWhU_XSWoVwBf_Agzuigy8ohzUiQzr2RvqIbQug/viewform» query=»embedded=true» width=»760″ height=»500″ /]