Arduino Day 2017

Cargando mapa....

Data/Hora
Date(s) - 01/04/2017
10:30 am - 7:00 pm

Ubicación
CEI Nodus
Avenida da Coruña, 500 - Lugo


Por cuarto ano consecutivo, unímonos ás celebracións globais do Arduino Day/Genuino Day, realizando un evento aberto e para tódolos públicos o sábado 1 de Abril.

AXENDA:

  • Exposición aberta:
    • de 10:30 a 13:30 e 16:30 a 19:00
    • Teremos makers expoñendo os seus traballos para que poidas preguntar e cacharrear con eles.
    • Posibles charlas expositivas breves de 12.00 a 13.00
    • Mesa de cacharreo con maestros que poden axudarche a resolver as túas dúbidas respecto Arduino, impresión 3D ou o mundo maker en xeral .
    • Trae o teu propio portátil (e si tes un arduino -haberá algúns para fedellar-). Instalamos o entorno, facemos o primeiro “hola mundo”,  e axudaremos a arrancar os primeiros proxectos sencillos.
    • Sobre as 12:00 e 17.30 intentaremos unhas demos de robots siguelíneas e sumo.
  • Taller de escornabots
    • Os participantes montarán o seu propio escornabot, que logo poderán levar para a casa!
    • Require inscripción previa e un pago de 42€ para cubrir os costes do material.
    • Temos únicamente 15 plazas!

Teremos makers que chegarán dende tódolos rincóns do noroeste. Acompáñanos ti tamén! Reserva o día para coñecelos e axúdanos a que Lugo se convirta no centro das tecnoloxías libres do noroeste español!

 9583831483_00cbec7d65_b onWrist
8443261903_3025c2b2ff_b OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA  Mission-control-2

AGRADECIMENTOS:

Como sempre ao Concello co CEI-Nodus: sen sitio non habería Arduino Day e con moita dificultad MakerLugo. A Bricolabs, Recunchomaker, co seu destacamento de makers, e a algún non adscrito como Diego, que tiraron moito.

Una mención especial a nena Sofía, de primaria. Na edición de 2016, por cortesía de RecunchoMaker recibiu un Arduino Nano, co compromiso de mirar o tema arduino ou volver a regalar o seu Arduino a algún amig@. Nesta edición deunos unha Alegría expoñendo unhas pinzas feitas con palliñas de beber movidas por servos. Lástima de foto… (se alguén a ten merecería un sitio aquí).

COBERTURA INFORMATIVA:

Encuentro de frikis del software libre” (La Voz de Galicia), edición de 19 marzo 2017.

“Makers.Lugo cita a hacer de la ciudad referente de las tecnologías libres el 1 de abril” (El Progreso), día 23 de marzo de 2017.

Los manitas tienen chip-Impresoras 3D o robots hechos por miembros de Makers.Lugo se podrán ver en el Arduino Day” (El Progreso), 25 marzo 2017.

Emergentes: José Manuel López de Makers.Lugo, que hoy celebra el Arduino Day, cita tecnológica abierta, en el CEI Nodus” (El Progreso), 1 abril 2017.

Arduino: la base del manitas 2.0 La asociación Makers Lugo reunió ayer en el Cei-Nodus a los apasionados de la robótica de código abierto, que permite a cualquiera con interés construir máquinas programables”  Diario “El Progreso“, día 2 abril 2017.

Na web:

Faite Dixital (Amtega) (4-4-2017)

Mancomún (21-3-2017)

Código Cero (4-4-2017)

Apetega (9-3-2017)

 

Participantes confirmados: