Arduino Day 2018

Data/Hora
Date(s) - 12/05/2018
10:30 am - 7:00 pm

Ubicación
CEI Nodus
Avenida da Coruña, 500 - Lugo


Organizado por MakersLugo , este será o quinto ano consecutivo , en Lugo. Unímonos á celebración conxunta a nivel mundial do Arduino Day. Será un evento aberto e para tódolos públicos, o sábado 12 de MAIO. Apoiados polo Concello de Lugo, co espacio no CEI-Nodus.

Xuntarémonos con máis  makers. Ven a charlar con eles.  Expoñeremos cacharros. Ven a coller ideas ou a expoñer as túas. ¿Queres aprender? Faremos talleres. ¿Non tes idea de que vai isto? Pásate a descubrir o mundo aberto de Arduino e os seus efectos,  e sobre todo a coñecer a comunidade tecnolóxica, educativa, industrial, artística,… que medra ó redor  compartindo os coñecementos tecnolóxicos.

AXENDA:

  • Exposición aberta:
    • De 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00
    • Teremos makers expoñendo os seus traballos. Poderás preguntar e cacharrear.
    • Se queres trae o teu portátil, arduino,… Terás entendidos que che orientarán coas túas dúbidas sobre arduino, impresión 3D, robótica e artistadas maker en xeral.
    • Apúntate para poder facer sitio e presenta o teu cacharro. Estamos desexando ver cousas novas ou curiosas.
  • Exposición de proxectos ou ponencias breves:
  • Concurso de competicións: despóis dunha demo o ano anterior, fomos animados por Bricolabs,  a facer, éste, por primeira vez, unhas competicións de robotiños. Apúntate e ven a divertirte con nós. Serán competicións de iniciación (tamén para nós) e para chavalada de tódalas idades. Fíxate ben nas reglas

 

 

 

 

COLABORAN E AGRADECEMOS A:

Concello de Lugo, CEI-Nodus, Fundación Tic, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Asociación Bricolabs, Galink, Electroson, 3Dcpi, CivitasLucensis.

Dalgunha maneira salváronnos a vida ou deron un empuxonciño. ¡Graciñas!

Electroson

 

COBERTURA INFORMATIVA:

 

“A IMPRESIÓN 3D E A ROBÓTICA CENTRARÁ O DIA 12 O ARDUINO DAY. O Cei-Nodus acollerá a mostra de iniciativas relacionadas con esa plataforma de hardware libre”, (El Progreso), día 8 de maio de 2018.

“EMERGENTES: José López Sancosmed de MakersLugo, que hoy celebra el Arduino Day, con exhibiciones y talleres de robótica”, (El Progreso), día 12 de maio de 2018.

“TECNOLOGÍA ABIERTA A TODOS. La asociación MakersLugo celebró ayer la quinta edición del Arduino Day, en la que se pudieron ver iniciativas de robótica, electrónica o impresión 3D” (El Progreso), día 13 de maio de 2018.

En Radio Voz, no programa Voces de Lugo, Felix Jorquera entrevista ó presidente de MakersLugo, que propón unha reunión maker del hardware libre, que se celebrará o 12 de maio no CEI-Nodus de Lugo.

MANCOMUN fai unha referencia o 8 de maio de 2018.

Cobertura pola FundaciónTic:

Y un resumen nuestro. GRACIAS A TODOS.


 

 

Participantes confirmados: