Introducción, DEMO e primeros contactos coa ROBÓTICA de deseño aberto.

Dende a «Asociación de fomento, investigación, e desenrolo de tecnoloxías libres MAKERS.LUGO» , e na medida das nosas posibilidades queremos contribuir con pequenos empuxonciños a que a xente se anime con este mundiño de facer, aprender, e reapropiarse da tecnoloxía. Co acceso a internet, existe, hoxe en día, unha accesibilidade ó coñecemento técnico, e a compartir, que algúns creemos que, en certa medida, está a  revolucionar o mundo da I+D, e da educación. Hoxe, para nós, é un hobby. Pero cada vez máis, esta forma de compartir, estase introducindo no curriculum escolar. E probablemente, o seu paso natural sexa, dalgunha maneira, certa profesionalización.

A xente pregúntanos por cursos, e talleres.  Lugo é pequeno. En MakersLugo todavía somos poucos, e non podemos comprometernos a ensinanzas regladas ou periódicas. Pero sí nos interesa contactar con xente interesada. A retroalimentación, desvirtualización, apoio, e influxo das persoas son importantes.

Este mundo vive e medra na nube de internet. Se che atrae, interesa, e queres tratar co mundo maker, existen unha chea de webs, blogs, e clases ou tutoriais. Pero xurde a pregunta «¿por ónde empezo?», » ¿qué me gusta máis?».

Nesta ocasión, a proposta de MakersLugo,  debémoslla a David @arias341. Intentará explicar, ós asistentes, as bases que forman a robótica dende o código libre e deseño aberto, presentando algúns robots básicos que el foi facendo. Como o sigueliñas (robot autónomo que percorre unha liña) ou otros como Otto (pensado para interactuar dende o teléfono mobil ou tablet), e resolver as dudas que xurdan. ¿Cómo empezar?¿por dónde?¿cómo deseñar?¿cómo compartir?¿electrónica?¿programación?¿qué me compro?¿qué estudo?¿arduino? …

Xuntarémonos  cunha Demo de Robótica  e intentaremos pinchar o «vermiño maker». A introdución será o próximo sábado 2 de decembro pola maña (a partir das 10.30 )

ONDE: No noso sitio habitual de encontro. O CEI-Nodus (local D10). Para abrir portas e controlar aforo intentaremos contactar antes e pedímosvos que cubrades este formulario. Se nos dades uns días poñerémonos en contacto.

CANDO: O  sábado 2 de decembro a partires das 10.30. En función das dudas, a cantidad de xente, a formación…  poderá durar un par de horas.

PRAZAS: Pensamos que ó redor dunhas 10 persoas.

IDADE: Necesitase certo coñecemento mínimo eléctrico ou capacidade de abstración para a programación. A partir dos 12 anos sería unha edade ideal. Cada pai ou nai, tamén sabe o interese do seu fill@. Se quere acompañar, sempre poderemos pinchalo verme no adulto. Ata ven entrados os cen anos non hai problema.

NON É NECESARIO TRAER NADA, I É GRATIS pero preferimos que te inscribas no formulario para xestionar o acceso.

Deja una respuesta