Contador de Persoas

Fai un tempo, nun sábado de cacharreo, saíu a idea, e tamén un pouco a necesidade, de algunha forma poder saber cantas persoas acoden aos nosos eventos. E así tamén poder ver se imos a mellor ano a ano.

Entón apareceu a idea dun «contador de persoas» maker, idea que surxiu dunha choiba de ideas entre tres dos nosos socios.

Para non complicarnos demasiado, xa que o noso tempo non e moi extenso, decidimos facer algo sencillo pero ao mesmo tempo funcional. Desta forma surxiu a idea de contar persoas con un sensor de distancia, entón así cada vez que se rexistra un cambio de distancia se suma un ao contador.

Polo momento xa temos en Thingiverse os arquivos .stl para imprimir a carcasa.

Pronto daremos avances sobre o código fonte e os arquivos sobre un soporte no que estamos a traballar para que sexa mais cómodo de colocar nas entradas.

Deja una respuesta