Cada un dos socios, colabora con 5€ ó mes. Para facilitar as xestións, domiciliamos as cuotas e cobramos dúas veces por ano. Desta maneira, cada ano, a asociación pásalle dous cobros de 30€ a cada un dos asociados. Estes fondos usámolos para financiar actividades e pagar os gastos da asociación, o que nos axuda a ser auto-sostibles e ir ó noso ritmo.
Convertirte en socio dáche dereito a participar nas asambleas anuais da asociación, co resto de socios e a xunta executiva.
Se desexas colaborar económicamente coa asociación, aquí che indicamos cómo facelo:
- Descarga e imprime o impreso de domiciliación de cuotas (PDF).
- No recadro nomeado “A cumplimentar por el deudor” cubre:
- Os teus datos persoais: Nome, Dirección, Código Postal, País.
- Os datos bancarios: BIC e IBAN
- Importe: 5€/mes
- Tipo de pago: recurrente
- O teu consentemento: data e localidade, firma
- Entréganos o impreso
- Podes facelo en man.
- Ou ben escanéao e envíanolo á dirección de correo makers.lugo@gmail.com
Estos datos son os que nos piden os bancos para poder facer a domiciliación. Se tes dúbidas, pregúntanos.
No momento en que queiras deixar de ser socio, simplemente ponte en contacto connosco por correo e tramitaremos a baixa.