Hai xa confirmados máis de 250 eventos a nivel mundial para a celebración do Arduino Day, o sábado 28 de Marzo, e Lugo vai ser un deles!
Teremos makers que chegarán dende tódolos rincóns de Galicia: Coruña, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, … e que configuran unha axenda do máis interesante, dende impresoras 3D ata control enerxético do fogar, pasando por robótica educativa e invernadoiros controlados por Arduino.
Durante todo o día, no Centro Uxío Novoneyra, haberá un espacio para demostracións de proxectos aberto de 10:00/13:30 e 16:30/19:30. Ademáis, pola mañá de 11:30 a 12:30 e pola tarde de 17:30 a 18:30 faremos presentacións onde poderás coñecer de primeira man ás persoas que hai detrás dos proxectos.
Axúdanos a difundir o evento e facer que Lugo se convirta, por un día, no centro das tecnoloxías libres no noroeste español!
Hola!!!! Somos Arduino Day Zaragoza. Estamos preparando un hangout con Brasil y todo el que quiera unirse para conectar eventos. Emoticono grin
Si te interesa escribenos a arduinodayzgz@gmail.com
Hola! Pues ahí os escribimos ahora mismo!!
Y hasta de Bilbao
Bienvenidos seáis!