MakersLugo pola OSHWDem 2016

Esta vez sí. Convidados pola xente de Bricolabs, animámonos a ensinar algo do que facemos os makers por Lugo. Por primeira vez, nunha xuntanza maker galega, houbo asociacións das catro provincias. A OSHWDem é unha oportunidad fabulosa de facer, e de «desvirtualizar» amigos makers de toda España. Nun entorno envexábel, este 2016 superáronse. Cada ano van a máis. Graciñas por ser punto de referencia.

David, Carlos, Sancos
MakersLugo pola OSHWDem2016

@arias341, @fendetestas72@ChapuzasSancos, (e @uhiglz que non chegou para a foto) levaron algunha cousa.

O robot de sumo non puido concursar por exceso de tamaño. Pero ó sigueliñas (2dg) podese ver no 56’10» do video do concurso «Sigue líneas – OSHWDem 2016». @arias341 tamén levou unha estación meteorolóxica que non está nas fotos.

A Raspberry Pi «maqueadiña» de  @uhiglz  tamén chamou a atención, sobre todo dos máis pequenos, correndo o seu IDE para arduino e o Scratch.

Robot sumo, Raspberry Pi, siguelineas, 4xiDraw
Robot sumo, Raspberry Pi, siguelineas, 4xiDraw

Ós proxectos máis gordos, os de @fendetestas72 , tamén tuveron moito interese: a 4xiDraw ,  e o escaner 3d tipo Ciclop . A Lalita quedou na bolsa porque xa había as auténticas

@ChapuzasSancos ensinou os aparatos para o noso tallerciño maker feitos 90% de material de despece: fonte de alimenación regulable e cortocircuitable, estación desoldadora, e prototipo de extractor de integrados smd.

Escaner 3D Ciclop, alimentación, desoldadora, extractor integrados.
Escaner 3D Ciclop, alimentación, desoldadora, extractor integrados.

 

Unha experiencia bonita. A «¡cabeza non para!». A seguir e intentar repetila.