Sobre nós

O movemento maker

Coñécese como movemento maker á cultura de «Fágao vostede mesmo», do inglés «Do It Yourself» (DIY). Maker é un termo acuñado por Dale Dougherty, fundador en 2005 da revista Make:, que lle dá nome ó que se levaba facendo dende anos antes nos hackerspaces e fab labs: milleiros de artistas, enxeñeiros, programadores, autodidactas e afecionados de todo o mundo compartindo ideas e proxectos, creando unha nova cultura baseada na colaboración e libre acceso á tecnoloxía.

movemento maker non é máis que un novo avatar de unha característica profundamente humana: construir cousas coas nosas propias mans, en comunidade.

makers.lugo

makers.lugo é unha asociación sen ánimo de lucro, creada en Xaneiro de 2014, co ánimo contribuir na construcción dunha sociedade baseada nos principios do libre acceso á tecnoloxía, impulsando actividades relativas a Hardware e Software Libre .

Xunta executiva

A actual xunta executiva da asociación, está composta por:

  • Presidencia: Carlos García
  • Tesoureiría: David Arias
  • Secretaría: Manuel Díaz