Dende MakersLugo queremos tamén contribuir coa idea de poñer a disposición os nosos Escornabots.
O Escornabot é un robotiño de código e hardware aberto, ideal para introducirse no mundo da robótica, da programación, e de Arduino. Cos botóns podes programar secuencias de movementos que permiten xogos cos máis pequenos, e o montaxe, fabricación, desenrolo supón un reto (Do it yourself DIY) para os maiores.

Xa, a xente do proxecto orixinal, propoñen a feliz idea de distribuilos polo mundo e que se multipliquen… Con filosofía similar, pódense encontrar iniciativas parecidas pola rede (Aragón, Valencia, …).
En MakersLugo temos algúns de sobra. Así que optamos por montalos e agora queremos que tamén se dediquen a viaxar. Queremos compartir e que medre a filosofía do «hardware e software libre e aberto«, o de «facer un mesmo», e que o bichiño, incluso, poida evolucionar.
Se eres mestre de infantil ou primaria, academias, asociacións, ou grupo interesado e queres ensinar robótica pero non tes material, propoñémos prestarche nós uns escornabots.
Pola vosa parte só vos pedimos documentar e compartir dalgún seito aberto o que fagades (taller, xogos novos, colexio e profesorado que o fai, posibilidade de contacto con eles para outros,…) . E que o nome de «escornabot» e «MakersLugo» figure. Pode ser blog do colexio, carteis,…
Para faceros con eles teredes que pedilo, contactando aquí expresamente con MakersLugo mediante o correo electrónico. Teremos que saber: o nome e dirección do centro, asociación, etc; un correo electrónico,nome e teléfono do responsable para manter contacto; e unha mínima descripción da experiencia en robótica, diseño da actividad e posible necesidad de axuda.
Coas solicitudes recibidas peñerémonos en contacto e comentaremos a forma de facer o proceso. Escollerémos según nos interese e conveña millor a nós (facilidad de contacto, coincidencia de datas, pasión e interese en compartir e aportar, falta de recursos do centro, …)

Pola nosa parte, o préstamo do material será gratuito, e a única pretensión e que rule… A idea é que o material pase por moitas mans, así que vos pedimos que se trate co maior cariño posible para que poida chegar a máis xente. Por favor, calquer incidencia precisa ser comentada. E normal que surdan averías. Trataremos de poñer remedio pola nosa parte sen cargo por elo, pero necesitamos seriedade e compromiso pola vosa parte con datas, plazos, comunicación e cuidado. Os escornabots irán revisados e con baterías. Pedimos que tamén volvan revisados (se teñen averías que sexan comunicadas) e coas baterías que valgan para os seguintes.
Se vos animades. Aquí estamos…
VIAXES DOS ESCORNABOTS:
- IESO Velsinia (Toledo, Madrid)
- CPI Dr. López Suárez (Friol, Lugo)
- Triscos Anpa do CEIP Luis Pimentel (Piringalla, Lugo)
- CPI plurilingue Virxe do Monte (Cospeito, Lugo)
AGRADECEMENTOS:
Ao equipo iniciador do escornabot (Tucho, Xoan, Rafa) que ademáis da comunidade escornabótica teñen moito que decir tamén da existencia de MakerLugo.
Aos que coñecemos que siguen motivando o proxecto: Pablo, Xabier, …
AGRADECEMENTOS:
