Sobre nós

O movemento maker

Coñécese como movemento maker á cultura de “Fágao vostede mesmo”, do inglés “Do It Yourself” (DIY). Maker é un termo acuñado por Dale Dougherty, fundador en 2005 da revista Make:, que lle dá nome ó que se levaba facendo dende anos antes nos hackerspaces e fab labs: milleiros de artistas, enxeñeiros, programadores, autodidactas e afecionados de todo o mundo compartindo ideas e proxectos, creando unha nova cultura baseada na colaboración e libre acceso á tecnoloxía.

movemento maker non é máis que un novo avatar de unha característica profundamente humana: construir cousas coas nosas propias mans, en comunidade.

makers.lugo

makers.lugo é unha asociación sen ánimklmo de lucro, creada en Xaneiro de 2014, co ánimo contribuir na construcción dunha sociedade baseada nos principios do libre acceso á tecnoloxía, impulsando actividades relativas a Hardware e Software Libre .

Xunta executiva

A actual xunta executiva da asociación, está composta por:

  • Presidencia: Andrés Maneiro
  • Tesourería: José M. López
  • Secretaría: Jesús Toural
  • Vogalía: Manuel Díaz
  • Vogalía: Raúl Chamorro
  • Vogalía: Eduardo Rogríguez