Horarios setembro 2017.

Dende a volta de vacións. Volvimos á rutina, con pilas recargadas, e cos nosos proxectos. Volvímonos a comprometer en abrir algúns sábados para quedar e ensinar o que facemos a quen queira apuntarse. Estade ó tanto en «Horarios».

En setembro, abrimos o 16 e o 23.

En outubro todos os sábados do mes.

En novembro deixamos algo para visitar a OSHWDEM e volvemos a vernos todos os sábados de decembro…

 

Mayo 2017

Seguimos abrindo as portas os sábados de  Maio e Xuño. Por si alguén quere contactar e pasarse. Durante o verán, Xullo e Agosto, tamén seguiremos fergellando. Pero cambia a nosa rutina, así que non poderemos comprometer a apertura pública do local os fines de semana. Se estades moi interesados intentade contactar. E si non, estade pendentes, para a volta, hacia Setembro.