Robot de Mini Sumo

Picados polo gusanillo das competicions de robótica, que cada ano levamos a cabo no Arduino Day Lugo. Este anos decidimos adquirir un pequeno robotiño, para aprender con el a maxia das competicions de mini sumo, que se realizan en moitos eventos «makers».

E así tamén ter un modo de tester para o noso tableiro de sumo.

Despois de probalo, quedamos sorprendidos do ben que funciona. Debido a que non temos outro robotiño, non puidemos competir contra outro robot.

Esperamos poder facelo pronto para probalo realmente ben, e poder ver os puntos debiles deste robotiño, e desta forma intentar melloralos.

AGRADECEMENTOS:

Taller de Iniciación a Impresión 3D

Seguindo cos talleres relacionados coa tecnoloxía da Impresión 3D, desta vez imos a interactuar coas impresoras 3D.

O sábado día 28 de Septembro en horario de 11:00 a 13:30 realizaremos un taller de iniciación a impresión 3D. Estará aberto a todas as idades superiores aos 8 anos. Se a persoa asistente ao taller e menor de 16 anos, deberá vir acompañado dun adulto.

Resultado de imagen de repetier host

O taller contara das seguinte partes:

  • Iniciación ao laminador Repetier Host, para preparar o obxecto 3D.
  • Exportación do .gcode a tarxeta micro sd da impresora 3D.
  • Iniciar impresión 3D dende a pantalla da impresora 3D.
  • Extracción do obxecto 3D tras a impresión.

E necesario traer portátil,pero non e necesario instalar ningún programa previo ao taller!!

Nesta edición do taller asistirán as persoas que estiveron previamente realizando o Taller de Iniciación ao Deseño 3D!!

AGRADECEMENTOS:

Recolección de bobinas de filamento vacías

Dende Makers Lugo, lanzamos unha iniciativa de recolección de bobinas vacías a modo de doación hacia Makers Lugo. Posteriormente a recolección das bobinas enviaremolas a unha tenda, que lles dará unha novo vida.

Para que as bobinas sexan validas teñen que ter as seguintes medidas:

  • Diámetro interior: 50 mm < d < 55 mm
  • Diámetro exterior: 150 mm < D < 500 mm
  • Anchura: 30 mm < a < 300mm

Para todos aqueles que queiran colaborar con nos, so teñen que traer ou enviarnos as bobinas que teñan ao noso local no CEI Nodus.

Si vas a enviar as bobinas, contacta con nos por correo electrónico, para confirmar a dirección de envio!!

O que buscamos con isto, e intentar darlles unha nova vida a todas estas bobinas desamparadas, que se tiran a basura a diario. E intentar ser mas respetuosos co medio ambiente, dando un novo uso a os obxectos.

Grazas pola vosa colaboración!!

Visita de Esdrufi ao local de Makers Lugo

O sábado día 24 de Agosto, @esdrufi pasouse polo noso local, a presentarnos un dos seus últimos proxectos. O seu ultimo proxecto son uns robotiños de mini sumo, con unhas medidas de 5x5x5 centímetros.

Para este robotiño @esdrufi diseñou unha placa desa medida para integrar todos os compoñentes de control, que estos robots necesitan. Ao diseñar esta placa @esdrufi pensou tamen en facer unha plaquiña universal, para que con ela se poida construir non so un mini robot de sumo, se non tamen robots siguelineas, e o que pola nosa mente se pase!!

Aquí vos deixamos unhas fotos dos robots que se pasaron este sábado por Makers Lugo, a dar un paseo, e para que todos os coñecéramos.

Dar grazas a @esdrufi pola visita, e por unha maña chea de charla e cacharreo do bo, e ademais por deixarnos en Makers Lugo, unha mini plaquiña para construir o noso primeiro robot de mini sumo!!

Pronto nos poñeremos mans a obra para que en Makers Lugo, haxa un destos robots tan pequechos, pero a vez tan peleons!!