Hoxe, os Makers Lugo cumplimos 1 ano dende a nosa primeira quedada, organizada gracias ó noso padriño Tucho. 1 ano onde fixemos o noso primeiro evento público na cidade, empezamos a construir unha impresora 3D para o grupo e puxemos en marcha un par de proxectos persoais (algún xa público!). 1 ano e moitos máis que virán!
Arbuino mínimo
Co último golpe de traballo puxemos a punto un arbuino mínimo que nos permite darlle un pouco de color ó fogar:
Con isto temos unha base funcional sobre a que ir engadíndolle módulos de son, sensórica ou deseño persoalizado da secuencia de luces e son. Pero iso xa será despois desta miniponte. ¡Agora toca desfrutar das festas!
2ª iteración #arbuino: esqueleto en marcha
Ó longo desta ponte, os MKL estivemos movendo tódolos proxectos que temos entre mans. Entre outras cousas, avanzando coa nosa árbore de nadal preferida: #arbuino
Os avances a nivel estrutura son os que vedes na imaxen central superior: un esqueleto de trapillo cunha altura de pouco menos de 1m. Está a levar máis tempo do esperado, é un proceso tedioso e lento; mais resulta sinxelo de facer e o resultado final promete un acabado agradable.
A nivel control de luces, estivemos probando e lendo os exemplos de patróns que nos permite realizar unha tira de LEDs de neopíxeles -tal e como os popularizou AdaFruit– ou co seu máis mundano nome: WS2812B (ver datasheet). O feito de poder direccionar 120 píxeles cun único pin do arduino, realizar patróns complexos e ter LEDSs RGB por menos de 50 céntimos/led é algo que nos deixou realmente impresionados e ofrece milleiros de posibilidades.
Esta primeira versión de #arbuino, vai ser necesariamente moi persoal. De maduración lenta. Pero é que estamos aprendendo un montón de todo o proceso! Agora, toca pisar o acelerador para chegar a este nadal coa primeira versión do #arbuino en marcha. Let’s maker it.
1ª quedada #arbuino: luces, son, acción!
Ó longo de este fin de semana, estivemos introducíndonos no mundo de arduino, revisando a súa API para ver cómo se pode controlar as luces e o son. Como primeiros pasos para arrancar o proxecto, fixemos un par de demos.
Proba de luces
Un dos proxectos que revisamos, publica un código que fai uso de PWM para controlar certos leds, o que permite facer un efecto fade coa luz. Ése foi o código base que usamos para as probas:
Proba de son
En canto ó son, estivemos investigando tanto o uso de tons externos como a xeración interna con Arduino. O seguinte video amosa o uso de Arduino e un piezo para xerar un anaco de Jingle Bells:
Podedes ver o código que usamos para as probas de son e de luces na nosa conta de github. Con estas pequenas demos de fin de semana, arrancamos o proxecto #arbuino!