Visita de Esdrufi ao local de Makers Lugo

O sábado día 24 de Agosto, @esdrufi pasouse polo noso local, a presentarnos un dos seus últimos proxectos. O seu ultimo proxecto son uns robotiños de mini sumo, con unhas medidas de 5x5x5 centímetros.

Para este robotiño @esdrufi diseñou unha placa desa medida para integrar todos os compoñentes de control, que estos robots necesitan. Ao diseñar esta placa @esdrufi pensou tamen en facer unha plaquiña universal, para que con ela se poida construir non so un mini robot de sumo, se non tamen robots siguelineas, e o que pola nosa mente se pase!!

Aquí vos deixamos unhas fotos dos robots que se pasaron este sábado por Makers Lugo, a dar un paseo, e para que todos os coñecéramos.

Dar grazas a @esdrufi pola visita, e por unha maña chea de charla e cacharreo do bo, e ademais por deixarnos en Makers Lugo, unha mini plaquiña para construir o noso primeiro robot de mini sumo!!

Pronto nos poñeremos mans a obra para que en Makers Lugo, haxa un destos robots tan pequechos, pero a vez tan peleons!!

Deja una respuesta