Viseiras de protección e salva orellas

Dende Makers Lugo, estamos a colaborar coa impresión 3D de viseiras de protección e salva orellas, para doar aos profesionais que se atopan en primeira liña, loitando contra esta pandemia.

Estas viseiras son un medio complementario aos EPIS de seguridade, e dicir, non e unha substitución , senón que é unha forma de protección extra. A entrega de estas viseiras realizase en bolsas cerradas hermeticamente. Cando as viseiras chegan aos profesionais, estes deben desinfectalas, montar o acetato e a goma de suxeición.

Os salva orellas serven para poder suxeitar as mascarillas, sen necesidade de que a goma das mesmas pase polas orellas, e asi aliviar a carga que estas sofren, en largos turnos de traballo.

Aínda que intentamos minimizar o contacto coa viseira, salvaorellas e os materias e moi importante a súa desinfección antes do seu uso

Aclarar que todo isto facémolo de forma altruísta, grazas as doacións de cada un dos nosos socios, e empresas ou persoas particulares que nos axudan con material. Podes ver as doacións no seguinte enlace. Chéganos moitas peticións de viseiras, e estamos facendo todo o posible por cubrilas, e axudar en todo o que nos sexa posible.

Se queres facer unha doación para que poidamos seguir fabricando viseiras e salva orellas, ponte en contacto con nos en makers.lugo@gmail.com. So se aceptan doacións en material, preferiblemente PLA para as impresoras 3D.

Si necesitas viseiras ou salva orellas, ou coñeces alguen que as necesite, inscribete no seguinte formulario, e poñeremonos en contacto contigo, o mais pronto posible.

[googleapps domain=»docs» dir=»forms/d/e/1FAIpQLScNjttvPfbdfdSd4WfU1i6gPOSWjNO-eurTGYkMVdvoSAd6iQ/viewform» query=»embedded=true» width=»640″ height=»1114″ /]

Si estas a fabricar viseiras ou salva orellas, e non sabes onde entregalas, podes rexistrarte no seguinte formulario, e nos organizaremos a recollida, todo isto dentro das nosas posibilidades.

[googleapps domain=»docs» dir=»forms/d/e/1FAIpQLSexDlhvmvuSPaib0UcAmTFmrIM3MDRn1eDFLCh8gGL4Jh3rxw/viewform» query=»embedded=true» width=»640″ height=»1019″ /]

Deja una respuesta