Montaxe de Cyclops-project

O sábado día 1 de Xuño imos a dedicar a mañan en horario de 10:30 a 13:30 a montaxe dun kit de sigueliñas Cyclops-project. Fixémonos con este kit a finais do ano anterior na OSHWDem 2018, e vai sendo hora de darlle un pouco de cariño, para tamen asi dar uso a pista de velocistas usada no Arduino Day Lugo 2019!!!

O plan para esta mañan de sábado e o seguinte:

  • Organización dos compoñentes.
  • Soldar os compoñentes a placa base.
  • Comprobrar as soldaduras.
  • Programar o Arduino Nano.
  • Probas na pista de velocistas.

Haber ata onde conseguimos chegar ao longo da mañan con este pequeno velocista!!

Se queres coñecer o proxecto Cyclops-project, podes acercarte a Makers Lugo, nesta mañan de sábado para charlar sobre robots velocistas. Recorda que temos o noso pequeno recuncho no CEI Nodus.

Dar grazas a Rubén Espino por o diseño deste kit de robot velocista!!

Deja una respuesta