Organizado por MakersLugo , este será o sexto ano consecutivo , en Lugo. Unímonos á celebración conxunta a nivel mundial do Arduino Day. Será un evento aberto e para tódolos públicos, o sábado 6 de Abril. Decidindo esta data, para non coincidir con outros Arduino Day de España. Apoiados polo Concello de Lugo, co espacio no CEI-Nodus.
Xuntarémonos con máis makers. Ven a charlar con eles. Expoñeremos cacharros. Ven a coller ideas ou a expoñer as túas. ¿Queres aprender? Faremos talleres. ¿Non tes idea de que vai isto? Pásate a descubrir o mundo aberto de Arduino e os seus efectos, e sobre todo a coñecer a comunidade tecnolóxica, educativa, industrial, artística,… que medra ó redor compartindo os coñecementos tecnolóxicos.
AXENDA:
- Exposición aberta:
- De 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30
- Teremos makers expoñendo os seus traballos. Poderás preguntar e cacharrear.
- Se queres trae o teu portátil, arduino,… Terás entendidos que che orientarán coas túas dúbidas sobre arduino, impresión 3D, robótica e artistadas maker en xeral.
- Apúntate para poder facer sitio e presenta o teu cacharro. Estamos desexando ver cousas novas ou curiosas.
- Reto Impresión 3D:
- Durante todo o día estaremos a construír con pequenos bloques, un tramo da Muralla de Lugo.
- Para contribuír coas tuas pezas, esta todo explicado no seguinte enlace.
- Exposición de proxectos
- Ponencias breves:
- Odoo+Arduino. (de 12:30 a 12:45)(Comunitea)
- Cyclops-Project. (de12:45 a 13:00)(Ruben Espino)
- Iniciación a impresión 3D e primeiras dudas. (de 13:00 a 13:15)(Triesfera)
- Competicións de Robótica(Siguelineas e Sumo Robot):. Apúntate e ven a divertirte con nós. Serán competicións de iniciación (tamén para nós) e para tódas as idades e niveis. Fíxate ben nas reglas.
- De robots sigueliñas e velocistas (de 11.30 a 12.30).
- De loitas de mini sumobots (de 17.30 a 18.30).
- Talleres: aprender é divertido. Saca partido o día. Outro ano mais, con algo de axuda, ofrecemos catro talleres.
- Modelado en 3D.(de 11.00 a 12.00 || 12.30 a 13.30 || 16.30 a 17.30 || 18.00 a 19.00)(Galink)
- Taller de Cohetes.(de 11.00 a 13.00)(Makers Lugo e Ciencia Kids)
- Taller de Escornabots. (de 10:30 a 13:30)(Makers Lugo)
- Taller de EchidnaShield.(de 16:30 a 18:30)(Echidna)
COLABORAN E AGRADECEMOS A:
Concello de Lugo, CEI-Nodus, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Galink, 3Dcpi, RaiolaNetworks, Triesfera, Cienciakids, BricoGeek,Electroson, Echidna,Comunitea.
2 respuestas a «Arduino Day Lugo 2019»