Unha das principais actividades desta edición é o taller de montaxe de escornabot, que tivo unha moi boa acollida e dobrou as nosas expectativas de inscritos!
A robótica educativa é un dos principais motores do mundo dos facedores. Por iso nos fai especial ilusión anunciar que nesta edición participará connosco Fernando Coladas, do departamento de Educación e DIWO de bq. Aínda que bq é unha das principais empresas tecnolóxicas de España quizás se coñece menos a súa aposta pola comunidade maker e a economía directa.
Diso e de moitas cousas máis queremos que nos fale Fernando durante a mañá do sábado. Ademáis, nos días previos Fernando «ameazou» con traer as máquinas de bq para imprimir escornabots e retar así á nosa querida prusa, do maestro impresor Suso.
@makerslugo @escornabot con a #Hephestos2 fariais máis en menos tempo e máis precisas! A ver se levo unha ao Genuino Day o unha #Witbox2
— Fernando Coladas (@fcoladas) March 24, 2016
Estamos desexando que o reto comece! Sen dúbida ímolo pasar ben e teremos ós mellores da robótica educativa no GenuinoDay lucense. E ti, ¿non o vas vir ver?