Sen darnos apenas conta, xa se nos pasa outra vez o nadal…
Foi un proxecto do nadal pasado, pero que non se conseguíu acabar a tempo. Así que, como volve a ser bo momento, aprobeitamos para presentarlo, por fin, rematado. Un arboliño de nadal , con musiquiña e luces, tamén para adornar, pero feito por nós.
As espectativas foron máis técnicas que estéticas. Polo que non nos preocupamos demasiado do acabado, se non de pensar unha forma de facelo, gastando pouco, e fedellando co noso arduino e material do taller.
Se vos interesan os intríngulis podedes votar un vistazo no sitio onde intento explicar a fondo a experiencia. Se non, polo menos que quede constancia, de que amodiño, desde makers.lugo, imos facendo, aprendendo, e compartindo…