Viseiras de protección e salva orellas

Dende Makers Lugo, estamos a colaborar coa impresión 3D de viseiras de protección e salva orellas, para doar aos profesionais que se atopan en primeira liña, loitando contra esta pandemia.

Estas viseiras son un medio complementario aos EPIS de seguridade, e dicir, non e unha substitución , senón que é unha forma de protección extra. A entrega de estas viseiras realizase en bolsas cerradas hermeticamente. Cando as viseiras chegan aos profesionais, estes deben desinfectalas, montar o acetato e a goma de suxeición.

Os salva orellas serven para poder suxeitar as mascarillas, sen necesidade de que a goma das mesmas pase polas orellas, e asi aliviar a carga que estas sofren, en largos turnos de traballo.

Aínda que intentamos minimizar o contacto coa viseira, salvaorellas e os materias e moi importante a súa desinfección antes do seu uso

Aclarar que todo isto facémolo de forma altruísta, grazas as doacións de cada un dos nosos socios, e empresas ou persoas particulares que nos axudan con material. Podes ver as doacións no seguinte enlace. Chéganos moitas peticións de viseiras, e estamos facendo todo o posible por cubrilas, e axudar en todo o que nos sexa posible.

Se queres facer unha doación para que poidamos seguir fabricando viseiras e salva orellas, ponte en contacto con nos en makers.lugo@gmail.com. So se aceptan doacións en material, preferiblemente PLA para as impresoras 3D.

Si necesitas viseiras ou salva orellas, ou coñeces alguen que as necesite, inscribete no seguinte formulario, e poñeremonos en contacto contigo, o mais pronto posible.

[googleapps domain=»docs» dir=»forms/d/e/1FAIpQLScNjttvPfbdfdSd4WfU1i6gPOSWjNO-eurTGYkMVdvoSAd6iQ/viewform» query=»embedded=true» width=»640″ height=»1114″ /]

Si estas a fabricar viseiras ou salva orellas, e non sabes onde entregalas, podes rexistrarte no seguinte formulario, e nos organizaremos a recollida, todo isto dentro das nosas posibilidades.

[googleapps domain=»docs» dir=»forms/d/e/1FAIpQLSexDlhvmvuSPaib0UcAmTFmrIM3MDRn1eDFLCh8gGL4Jh3rxw/viewform» query=»embedded=true» width=»640″ height=»1019″ /]

Micro Sumo de @esdrufi

Grazas a @esdrufi , temos a oportunidade de documentar, un dos seus tantos proxectos. Esta vez e como non podia ser menos, e un proxecto relacionado coas competicions de robótica, do cal sabemos, que e do que mais lle gusta!!

Tratase dun robot de micro sumo. Para este proxecto @esdrufi unifica varias tecnoloxias para conseguir un robot que ten que cumprir coas medidas de 5cm de ancho, 5cm de fondo, 5cm de alto e 100 gramos de peso máximo.

Algo realmente pequeno para meter todo o necesario. Debido a esto votou man da sua experencia en deseño de PCBs e emprendou o camiño cara o deseño desta pequena PCB para poder así conseguir entrar nesas medidas tan axustadas.

Micro Sumo PCB

Unha vez xa tiña a PCB funcionando, era o momento de diseñar o chasis, parte fundamental nun robot de micro sumo, debido a que o chasis protexe toda a parte electrónica ademais de usarse para empurrar aos contrincantes.

Unha vez tiña todas as partes necesarias votou man dun destornillador, que tamen se pode usar como martelo e comezou a montaxe, aqui vos deixamos unhas imaxes…

Calquera duda contactade con nos ou con @esdrufi. Damoslle grazas por deixarnos documentar un proxecto tan chulo e vemonos no Arduino Day Lugo 2020 onde estara mostrando estes pequeniños.

Podedes descargar todos os archivos necesarios para a sua contrucción en Thingiverse!!

Reunión de asociacións maker do norte de España

Esta reunión tera lugar o día 14 de Decembro en horario de 12:00 a 18:00 en FabLab Léon. A finalidade da reunión e a de buscar sinerxias entre os makers do norte de España, promovendo accions conxuntas para que os makers poidan reunirse nos diferentes espazos maker do norte de España.

As asociacions e espazos makers que participan nesta primeira xornada serán:

  • Makers Bierzo
  • Makers Asturias
  • Makers Lugo
  • Fab Lab León

Se tes unha asociación ou coñeces algunha persoa ou grupo de makers que poidan estar interesados en participar, non dudes en comentarllelo a tua xunta directiva.

Toda a información podedela atopar no seguinte enlace: https://www.eventbrite.es/e/entradas-reunion-makers-norte-84815167449

O CEI Nodus esta de aniversario!

Este venres dia 29 de Novembro, o CEI Nodus, lugar onde se atopa o noso centro de operacións maker, cumpre quince anos en funcionamento.

Debido a isto o día 29 de Novembro vai a ser un día de portas abertas, con visitas guiadas as empresas e asociacións que formamos parte do CEI Nodus, entre outras moitas actividades.

Durante todo o dia, no local de Makers Lugo habera xente, ademais dunha pequena exposición dos proxectos que temos entre mans agora mesmo. Asi que é un bo dia para vir a coñecernos e disfrutar de todas as actividades que se van a realizar!!

Podedes atopar mais información no seguinte enlace: http://www.desenvolvelugo.org/index.php/2019/11/15/festa-15-aniversario-do-cei-nodus/

Vide a visitar o CEI Nodus o dia 29 de Novembro!!