Arduino/Genuino Day 2016 en Lugo. Por makerslugo.

A pouquiños pero vamos facendo. Con algo de tempo, pero dende este rinconciño para o mundo; coa colaboración inestimable da CEI-Nodus, da Fundación TIC, e sobre todo da desinteresada de amigotes makers;  os MakersLugo podemos ensinar dende aquí unha parte grande das charlas ou ponencias que poidemos disfrutar,  en abril,  neste   Arduino/GENUINO DAY 2016 en Lugo. Con ganas de volvernos a xuntar noutra, e para animar a máis novos makers…

@caligari_pub dende  Santiago fixo a entrada e un rápido resumen do que é Arduino e o evento.

 

@fcoladas , veu de Ourense, e falounos de educación  da robótica, dende a visión da empresa Bq.

 

@eduwui , dende Coruña. Acercáronse para que todos disfrutáramos co seu espectacular R2D2.

 

«Michi» , ainda que de Lugo, acercouse dende Santiago. Despóis de estar funcionado todo o día, na charla o seu «Robik» fallou, pero cabe destacar, que foi «primicia mundial»,  a súa primeira presentación do proxecto Robik.

 

 

 

 

Robótica educativa no GenuinoDay

Unha das principais actividades desta edición é o taller de montaxe de escornabot, que tivo unha moi boa acollida e dobrou as nosas expectativas de inscritos!

escornabots-contentos

A robótica educativa é un dos principais motores do mundo dos facedores. Por iso nos fai especial ilusión anunciar que nesta edición participará connosco Fernando Coladas, do departamento de Educación e DIWO de bq. Aínda que bq é unha das principais empresas tecnolóxicas de España quizás se coñece menos a súa aposta pola comunidade maker e a economía directa.

bq_educacion

Diso e de moitas cousas máis queremos que nos fale Fernando durante a mañá do sábado. Ademáis, nos días previos Fernando «ameazou» con traer as máquinas de bq para imprimir escornabots e retar así á nosa querida prusa, do maestro impresor Suso.

Estamos desexando que o reto comece! Sen dúbida ímolo pasar ben e teremos ós mellores da robótica educativa no GenuinoDay lucense. E ti, ¿non o vas vir ver?