¿Qué mellor maneira de pechar o ano que trasteando e aprendendo? Nós en Decembro estaremos tódolos findes dispoñibles!
Horarios Novembro
A semana pasada pechamos para ir á OSHDEM, e agora volvemos ós horarios regulares: tódolos sábados de Novembro entre as 10:30 e as 13:30!
Inicio de curso maker
Este xoves produciuse o equinocio de Outono: xa rematou o verán, o que significa volver a retomar a actividade maker! Para ir tomando ritmo, durante as próximas semanas os horarios de apertura do local ó público serán unha vez cada 15 días.
Presentación do equipo gañador da Liga Nacional de Robótica
O sábado 9 de Xullo de 11:00 a 13:00, o equipo gañador da pasada Liga Nacional de Robótica, 2DG, presentaranos a súa experiencia construindo robots segueliñas. A presentación terá lugar no local da asociación, no CEI Nodus.
David, Gabriel e David son alumnos do IES Río Miño que decidiron participar na Liga Nacional de Robótica impulsados polo profesor de tecnoloxía da escola. ¿Estás interesado en saber cómo fixeron? ¿Queres coñecer ás novas xeracións makers? Ven a visitarnos!