Taller de iniciación a ARDUINO.

Hai poucos días, dende MakersLugo, aproveitamos a celebración do Arduino Day 2017, para facernos visibles na nosa cidade. Tivemos certo éxito. E varias persoas interesáronse polo mundillo maker e preguntaban ónde aprender Arduino ou si faciamos talleres.

Así que imos a aproveitar o tirón e atrevernos a ensinar o que poidamos saber para axudar a «fabricar» máis makers… En principio intentaremos un taller de iniciación a Arduino.

O taller será o sábado 6 de maio pola maña (de 10.30 a 13.30). A nosa idea é, que se trate dunha primeira toma de contacto ou «bautismo», para quen non se atreve a empezar, e lanzalo a imaxinar os seus propios primeiros proxectos.

Será unha sesión sobre todo práctica, para aprender a posta a punto do entorno de desenrolo do Arduino, o asunto das entradas e salidas, con pulsadores e leds. Conceptos e compoñentes básicos de electrónica mínima. E si nos da tempo algo de audio.

ONDE: No noso local de xuntanza. No CEI-Nodus, local D10. Como hai que abrir portas necesitaremos contactar antes. Para o que pedimos que cubrades  este formulario. Se nos dades uns días poñerémonos en contacto.

CANDO: o sábado 6 de Maio de 10.30 a 13.30.

PRAZAS: Pensamos nunhas seis plazas.

IDADE: Por cuestión de que se necesita certa capacidade de abstracción, e algún coñecemento do que é un circuito eléctrico (saber acender e apagar unha bombilla), consideramos 12 anos unha idade mínima orientativa. Por riba dos cento e pico anos non hai problema.

QUÉ HABERÍA QUE TRAER ?: Podemos prestar algún aparatiño para ver de que se trata o asunto, máis se podes traer un portátil (mellor co software IDE Arduino instalado para aforrar tempo) e un Arduino (calquera pero un UNO que é fácil de conseguir en tendas de electrónica é ideal), permitiría que leves para a casa xa todo listo para que a «cabeza non pare» despois dese día.

É GRATIS, sí, pero tes que incribirte no formulario para controlar as prazas. (A día 20 de abril cerramos o formulario porque xa cubrimos as prazas. Podedes estar pendientes por si hai algunha baixa. Se non será noutra, según vexamos que vai saíndo esta)

 

Axenda #ArduinoD17

Confirmados máis de 450 eventos a nivel mundial para a celebración do Arduino Day 2017. En Lugo, unímonos este próximo sábado 1 de abril. Estamos a traballar ultimando a axenda, bótalle un vistazo.

No CEI-Nodus. No segundo andar. Entrada pola porta máis cercana á cafetería. Aberto de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00. Seremos makers de varias asociacións,  e de toda Galicia. Presentaremos os nosos cacharros. Demos de robotiños, siguelíñas, minisumo, Garabullo, Escornabots (destos hai un taller) … Zona de cacharreo para probar e aprender.  Trae o teu portátil ( e si tes, un arduino, aínda que haberá algún para probar) e poñémoste a andar con él. Poderás coñecer de primeira man ás persoas que hai detrás dos proxectos. Mirar, contactar, preguntar e aprender.

Arduino Day 2017. ¡CHAMANDO A MAKERS!

En MakersLugo, outro ano preparando outra xuntanza máis. Xa vamos pola cuarta! Querémonos unir á celebración, a nivel mundial, do Arduino Day. O sábado día 1 de Abril, en Lugo. Libre e aberto a tódolos públicos. Demostracións de proxectos e obradoiros. Vémonos con outros makers. Ensinamos o que facemos…

Así que gustaríanos contar co maior número de persoas. Queremos abrir un periodo de envío de propostas de todo aquel que queira amosar o que está a facer, realizar algún obradoiro relacionado con Arduino e tecnoloxía libre, ou dar publicamente unha presentación breve dos seus proxectos.

Ata o 18 de Marzo, deixaremos aberto aquí, un formulario de participación:

Arduino/Genuino Day 2016 en Lugo. Por makerslugo.

A pouquiños pero vamos facendo. Con algo de tempo, pero dende este rinconciño para o mundo; coa colaboración inestimable da CEI-Nodus, da Fundación TIC, e sobre todo da desinteresada de amigotes makers;  os MakersLugo podemos ensinar dende aquí unha parte grande das charlas ou ponencias que poidemos disfrutar,  en abril,  neste   Arduino/GENUINO DAY 2016 en Lugo. Con ganas de volvernos a xuntar noutra, e para animar a máis novos makers…

@caligari_pub dende  Santiago fixo a entrada e un rápido resumen do que é Arduino e o evento.

 

@fcoladas , veu de Ourense, e falounos de educación  da robótica, dende a visión da empresa Bq.

 

@eduwui , dende Coruña. Acercáronse para que todos disfrutáramos co seu espectacular R2D2.

 

«Michi» , ainda que de Lugo, acercouse dende Santiago. Despóis de estar funcionado todo o día, na charla o seu «Robik» fallou, pero cabe destacar, que foi «primicia mundial»,  a súa primeira presentación do proxecto Robik.