Recolección de bobinas de filamento vacías

Dende Makers Lugo, lanzamos unha iniciativa de recolección de bobinas vacías a modo de doación hacia Makers Lugo. Posteriormente a recolección das bobinas enviaremolas a unha tenda, que lles dará unha novo vida.

Para que as bobinas sexan validas teñen que ter as seguintes medidas:

  • Diámetro interior: 50 mm < d < 55 mm
  • Diámetro exterior: 150 mm < D < 500 mm
  • Anchura: 30 mm < a < 300mm

Para todos aqueles que queiran colaborar con nos, so teñen que traer ou enviarnos as bobinas que teñan ao noso local no CEI Nodus.

Si vas a enviar as bobinas, contacta con nos por correo electrónico, para confirmar a dirección de envio!!

O que buscamos con isto, e intentar darlles unha nova vida a todas estas bobinas desamparadas, que se tiran a basura a diario. E intentar ser mas respetuosos co medio ambiente, dando un novo uso a os obxectos.

Grazas pola vosa colaboración!!

Visita de Esdrufi ao local de Makers Lugo

O sábado día 24 de Agosto, @esdrufi pasouse polo noso local, a presentarnos un dos seus últimos proxectos. O seu ultimo proxecto son uns robotiños de mini sumo, con unhas medidas de 5x5x5 centímetros.

Para este robotiño @esdrufi diseñou unha placa desa medida para integrar todos os compoñentes de control, que estos robots necesitan. Ao diseñar esta placa @esdrufi pensou tamen en facer unha plaquiña universal, para que con ela se poida construir non so un mini robot de sumo, se non tamen robots siguelineas, e o que pola nosa mente se pase!!

Aquí vos deixamos unhas fotos dos robots que se pasaron este sábado por Makers Lugo, a dar un paseo, e para que todos os coñecéramos.

Dar grazas a @esdrufi pola visita, e por unha maña chea de charla e cacharreo do bo, e ademais por deixarnos en Makers Lugo, unha mini plaquiña para construir o noso primeiro robot de mini sumo!!

Pronto nos poñeremos mans a obra para que en Makers Lugo, haxa un destos robots tan pequechos, pero a vez tan peleons!!

Taller de Iniciación ao Deseño 3D

Vendo durante a celebración do Arduino Day Lugo 2019, que a impresión 3D segue a ser das tecnoloxias que máis chama a atención, este ano decidimos realizar unha serie de talleres relacionados con esta tecnoloxia.

O sábado día 7 de Septembro en horario de 11:00 a 13:30 realizaremos un taller de iniciación ao deseño 3D. Estará aberto a todas as idades superiores aos 8 anos. Se a persoa asistente ao taller e menor de 16 anos, deberá vir acompañado dun adulto.

O taller contara das seguintes partes:

  • Iniciación ao deseño 3D en Tinkercad.
  • Diseño dunha peza en tres dimensións.
  • Exportación do deseño 3D a .stl.

E necesario traer portátil,pero non e necesario instalar ningún programa previo ao taller!!

Debido a que temos un espazo reducido, temos prazas limitadas para este taller, polo que para garantir a asistencia e necesario cubrir o seguinte formulario. Preferencia de asistencia para socios.

AS PLAZAS ESTÁN COMPLETAS!!

[googleapps domain=»docs» dir=»forms/d/e/1FAIpQLSftlEEvM2d-6BvKwhevwaHijc_KIDWqNUvK9YWdKg1tbjowew/viewform» query=»embedded=true» width=»640″ height=»1291″ /]

AGRADECEMENTOS:

Montaxe de Garabullo

O sábado día 10 de Agosto imos a dedicar a mañan en horario de 10:30 a 13:30 a montaxe dun Garabullo.

O plan para esta mañan de sábado e o seguinte:

  • Organización dos compoñentes.
  • Soldar os compoñentes a placa base.
  • Comprobrar as soldaduras.
  • Programar o Arduino Nano.
  • Probas o robot.

Haber ata onde conseguimos chegar ao longo da mañan con este pequeno robotiño!!

Se queres coñecer o proxecto Garabullo, podes acercarte a Makers Lugo, nesta mañan de sábado para charlar sobre robots. Recorda que temos o noso pequeno recuncho no CEI Nodus.

Dar grazas a Diego Lale por o diseño deste robot tan chulo!!