Montaxe de Cyclops-project

O sábado día 1 de Xuño imos a dedicar a mañan en horario de 10:30 a 13:30 a montaxe dun kit de sigueliñas Cyclops-project. Fixémonos con este kit a finais do ano anterior na OSHWDem 2018, e vai sendo hora de darlle un pouco de cariño, para tamen asi dar uso a pista de velocistas usada no Arduino Day Lugo 2019!!!

O plan para esta mañan de sábado e o seguinte:

  • Organización dos compoñentes.
  • Soldar os compoñentes a placa base.
  • Comprobrar as soldaduras.
  • Programar o Arduino Nano.
  • Probas na pista de velocistas.

Haber ata onde conseguimos chegar ao longo da mañan con este pequeno velocista!!

Se queres coñecer o proxecto Cyclops-project, podes acercarte a Makers Lugo, nesta mañan de sábado para charlar sobre robots velocistas. Recorda que temos o noso pequeno recuncho no CEI Nodus.

Dar grazas a Rubén Espino por o diseño deste kit de robot velocista!!

Os ollos de InMoov

Continuando coa contrucción de InMoov, e desta vez imos a centrarnos nos seus ollos. Detrás deles escóndense dúas cámaras web, que lle van a servir a este robot para poder observar todo o que se atope diante del.

Con esta nova característica para o noso InMoov, xa podemos mostrar as persoas a visión desde o humanoide, que estamos seguros que a máis de algún lle vai causar expectación. Poder ver o que observa un robot non e algo normal nas nosas vidas diarias, e iso e o que buscamos con este proxecto. Mostrar como a robótica pode estar cerca de nós.

Para isto imos necesitar as seguintes pezas, por suposto impresas nas nosas impresoras 3D:

Seguiremos actualizando…

AGRADECEMENTOS:

https://amtega.xunta.gal/

Charla sobre o mundo maker no CPI Dr. López Suárez de Friol

Hoxe día 16 de Mayo, acercamonos ata o colexio CPI Dr. López Suárez de Friol a presentarlles a os nenos o mundo maker.

Nesta ocasión unha das profesoras do centro, puxose en contacto co noso socio Alberto, propoñendolle acercarse un día polo centro a mostrarlles a os nenos isto das novas tecnoloxias.

Buscando un dia con dispoñibilidade, para algún socio máis, decidimos mostrarlle as novas xeracións as tecnoloxias que agora mesmo son de vangarda.

Os nosos socios Alberto e David, mostraronlle aos nenos o diseño 3D con thinkercad, impresión 3D, levando con eles unha impresora 3D (Ender 3), escornabot, otto, e algún robotiño máis para que nos nenos viran alguns exemplos.

Moitas grazas ao CPI Dr. López Suárez de Friol por darnos esta oportunidad!!

Makers Lugo cambia de local!!

En este ultimo mes estivemos bastante ocupados, e inactivos, debido a que mudamos de local. O novo local sigue estando ubicado no CEI Nodus, cambiamos eso si de ala pero seguimos na primeira planta.

Xa instalados nesta nova ubicación, retomamos as nosas actividades con normalidad, seguindo tamen cos traballos de organización do novo local. Que próximamente vos mostraremos!!

Se non coñeces o novo local, pasate por Makers Lugo, para coñecer a nosa nova ubicación.

Recorda comprobar antes os horarios de apertura!!