Este sabádo día 26 de Xaneiro, pretendemos montar en horario de mañan 10:30 a 13:30 aprox, unha Ender 3 para o noso local.
Aproveitando que os nosos socios van a estar montando esta impresora, tiñamos pensado abrir o noso local as persoas interesadas en ver a montaxe, resolver dudas sobre esta maquina, ou outras, e sobre todo pasar un bo rato.
Si estas interesado en asistir, aprender, resolver dudas, e pasar unha mañan diferente, apuntate no seguinte formulario, para ter unha previsión da asistencia.
Confiamos nos deuses da loxistica, que sempre se levan ben cos «Makers»!!
O Arduino Day Lugo este ano vai a celebrarse o día 6 de Abril, sendo así, para non coincidir con Arduino Day Zaragoza e Arduino Day Logroño.
Este ano dende Makers Lugo animamonos, coa axuda da nosa recién chegada socia Mónica, a propoñer a todos os «Makers», xa poidan asistir ou non, un reto de Impresión 3D.
O reto vai consistir no seguinte, intentaremos recrear a través de pequenos bloques, unha das partes máis coñecidas da nosa Muralla de Lugo.
Debido a forma da Muralla de Lugo, neste reto de Impresión 3D teremos catro tipos de pezas. As pezas ParedePequena e TorrePequena xa estan completadas!!
Parede
Parede Grande 40 Pezas
Parede Pequena 16 Pezas
Torre
Torre Grande 84 Pezas
Torre Pequena 24 Pezas
Todos os arquivos .stl tedelos subido a Thingiverse
Sendo así consideramos que para unha mellor organización e necesario que apuntedes no seguinte fomulario o número de pezas que ides aporta ->