Archivo de la etiqueta: taller

Introducción, DEMO e primeros contactos coa ROBÓTICA de deseño aberto.

Dende a “Asociación de fomento, investigación, e desenrolo de tecnoloxías libres MAKERS.LUGO” , e na medida das nosas posibilidades queremos contribuir con pequenos empuxonciños a que a xente se anime con este mundiño de facer, aprender, e reapropiarse da tecnoloxía. Co acceso a internet, existe, hoxe en día, unha accesibilidade ó coñecemento técnico, e a compartir, que algúns creemos que, en certa medida, está a  revolucionar o mundo da I+D, e da educación. Hoxe, para nós, é un hobby. Pero cada vez máis, esta forma de compartir, estase introducindo no curriculum escolar. E probablemente, o seu paso natural sexa, dalgunha maneira, certa profesionalización.

A xente pregúntanos por cursos, e talleres.  Lugo é pequeno. En MakersLugo todavía somos poucos, e non podemos comprometernos a ensinanzas regladas ou periódicas. Pero sí nos interesa contactar con xente interesada. A retroalimentación, desvirtualización, apoio, e influxo das persoas son importantes.

Este mundo vive e medra na nube de internet. Se che atrae, interesa, e queres tratar co mundo maker, existen unha chea de webs, blogs, e clases ou tutoriais. Pero xurde a pregunta “¿por ónde empezo?”, ” ¿qué me gusta máis?”.

Nesta ocasión, a proposta de MakersLugo,  debémoslla a David @arias341. Intentará explicar, ós asistentes, as bases que forman a robótica dende o código libre e deseño aberto, presentando algúns robots básicos que el foi facendo. Como o sigueliñas (robot autónomo que percorre unha liña) ou otros como Otto (pensado para interactuar dende o teléfono mobil ou tablet), e resolver as dudas que xurdan. ¿Cómo empezar?¿por dónde?¿cómo deseñar?¿cómo compartir?¿electrónica?¿programación?¿qué me compro?¿qué estudo?¿arduino? …

Xuntarémonos  cunha Demo de Robótica  e intentaremos pinchar o “vermiño maker”. A introdución será o próximo sábado 2 de decembro pola maña (a partir das 10.30 )

ONDE: No noso sitio habitual de encontro. O CEI-Nodus (local D10). Para abrir portas e controlar aforo intentaremos contactar antes e pedímosvos que cubrades este formulario. Se nos dades uns días poñerémonos en contacto.

CANDO: O  sábado 2 de decembro a partires das 10.30. En función das dudas, a cantidad de xente, a formación…  poderá durar un par de horas.

PRAZAS: Pensamos que ó redor dunhas 10 persoas.

IDADE: Necesitase certo coñecemento mínimo eléctrico ou capacidade de abstración para a programación. A partir dos 12 anos sería unha edade ideal. Cada pai ou nai, tamén sabe o interese do seu fill@. Se quere acompañar, sempre poderemos pinchalo verme no adulto. Ata ven entrados os cen anos non hai problema.

NON É NECESARIO TRAER NADA, I É GRATIS pero preferimos que te inscribas no formulario para xestionar o acceso.

Taller de iniciación a ARDUINO.

Hai poucos días, dende MakersLugo, aproveitamos a celebración do Arduino Day 2017, para facernos visibles na nosa cidade. Tivemos certo éxito. E varias persoas interesáronse polo mundillo maker e preguntaban ónde aprender Arduino ou si faciamos talleres.

Así que imos a aproveitar o tirón e atrevernos a ensinar o que poidamos saber para axudar a “fabricar” máis makers… En principio intentaremos un taller de iniciación a Arduino.

O taller será o sábado 6 de maio pola maña (de 10.30 a 13.30). A nosa idea é, que se trate dunha primeira toma de contacto ou “bautismo”, para quen non se atreve a empezar, e lanzalo a imaxinar os seus propios primeiros proxectos.

Será unha sesión sobre todo práctica, para aprender a posta a punto do entorno de desenrolo do Arduino, o asunto das entradas e salidas, con pulsadores e leds. Conceptos e compoñentes básicos de electrónica mínima. E si nos da tempo algo de audio.

ONDE: No noso local de xuntanza. No CEI-Nodus, local D10. Como hai que abrir portas necesitaremos contactar antes. Para o que pedimos que cubrades  este formulario. Se nos dades uns días poñerémonos en contacto.

CANDO: o sábado 6 de Maio de 10.30 a 13.30.

PRAZAS: Pensamos nunhas seis plazas.

IDADE: Por cuestión de que se necesita certa capacidade de abstracción, e algún coñecemento do que é un circuito eléctrico (saber acender e apagar unha bombilla), consideramos 12 anos unha idade mínima orientativa. Por riba dos cento e pico anos non hai problema.

QUÉ HABERÍA QUE TRAER ?: Podemos prestar algún aparatiño para ver de que se trata o asunto, máis se podes traer un portátil (mellor co software IDE Arduino instalado para aforrar tempo) e un Arduino (calquera pero un UNO que é fácil de conseguir en tendas de electrónica é ideal), permitiría que leves para a casa xa todo listo para que a “cabeza non pare” despois dese día.

É GRATIS, sí, pero tes que incribirte no formulario para controlar as prazas. (A día 20 de abril cerramos o formulario porque xa cubrimos as prazas. Podedes estar pendientes por si hai algunha baixa. Se non será noutra, según vexamos que vai saíndo esta)