Robótica educativa no GenuinoDay

Unha das principais actividades desta edición é o taller de montaxe de escornabot, que tivo unha moi boa acollida e dobrou as nosas expectativas de inscritos!

escornabots-contentos

A robótica educativa é un dos principais motores do mundo dos facedores. Por iso nos fai especial ilusión anunciar que nesta edición participará connosco Fernando Coladas, do departamento de Educación e DIWO de bq. Aínda que bq é unha das principais empresas tecnolóxicas de España quizás se coñece menos a súa aposta pola comunidade maker e a economía directa.

bq_educacion

Diso e de moitas cousas máis queremos que nos fale Fernando durante a mañá do sábado. Ademáis, nos días previos Fernando “ameazou” con traer as máquinas de bq para imprimir escornabots e retar así á nosa querida prusa, do maestro impresor Suso.

Estamos desexando que o reto comece! Sen dúbida ímolo pasar ben e teremos ós mellores da robótica educativa no GenuinoDay lucense. E ti, ¿non o vas vir ver?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *