Arduino Day 2014

Mañá sábado, de 10:30h a 13:30h, na Casa da Xuventude celebraremos os 10 anos de Arduino en Lugo.

9583831483_00cbec7d65_b

Dependendo dos intereses dos participantes, ás 11:30/12:00 faremos un taller introdutorio para aqueles que non coñezan a plataforma, outro intermedio para os que xa deron os seus primeiros pasos con Arduino, teremos ademáis un espacio para amosar os teus proxectos, xente coa que falar de hardware libre, etc. ¿Qué mellor plan para un sábado pola mañá?

Ven a celebrar os 10 anos de Arduino connosco! #arduinod14

makers.lugo como asociación

Logo da reunión inicial e de varias outras que fomos facendo ó longo do mes, agromou a idea de que había un núcleo de xente con un interese común e que xa tiñamos feito algunhas cousas por separado. Por iso, co interese de traballar xuntos empezamos a organizarnos, buscar lugares onde reunirnos, poñer en común proxectos, etc.

E logo de apenas 1 mes dende a quedada inicial, xa estamos en proceso de constitución como asociación!

IMAG0153

A primeira Xunta Directiva está formada por Manuel (Presidencia), Hugo (Vicepresidencia), Edu (Secretaría), Yanina (Tesourería), Suso (Vogalía) e Andrés (Vogalía).