Videos #ArduinoD15

Gracias á Fundación TIC, temos dispoñibles as grabacións da xornada de tarde do Arduino Day en Lugo. Se non tivéchedes a oportunidade de asistir ou se quedáchedes con mono de tecnoloxías libres, aquí vos deixamos as presentación da tarde para que as desfrutedes.

Corte do Arduino Day

Cristina González – Por qué usamos tecnoloxías libres en Nova Xestión Cultural?

Tucho Méndez – Escornabot: robótica educativa libre

Álex Ferreiros, EnxineDomeduino: control enerxético no fogar

Raúl Chamorro – Sonorización de eventos con Arduino

Manuel Ortega, Las IndiasHacia un nuevo mundo, la revolución industrial P2P

Axenda #ArduinoD15

Hai xa confirmados máis de 250 eventos a nivel mundial para a celebración do Arduino Day, o sábado 28 de Marzo, e Lugo vai ser un deles!

Teremos makers que cARDUINODAY_flyer_MKLhegarán dende tódolos rincóns de Galicia: Coruña, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, … e que configuran unha axenda do máis interesante, dende impresoras 3D ata control enerxético do fogar, pasando por robótica educativa e invernadoiros controlados por Arduino.

Durante todo o día, no Centro Uxío Novoneyra, haberá un espacio para demostracións de proxectos aberto de 10:00/13:30 e 16:30/19:30. Ademáis, pola mañá de 11:30 a 12:30 e pola tarde de 17:30 a 18:30 faremos presentacións onde poderás coñecer de primeira man ás persoas que hai detrás dos proxectos.

 

Axúdanos a difundir o evento e facer que Lugo se convirta, por un día, no centro das tecnoloxías libres no noroeste español!