Montaxe de escornabots!

Dentro das actividades do GenuinoDay, o sábado 2 de Abril, temos preparado un taller de montaxe de escornabots. Se aínda non coñeces o proxecto, bótalle un ollo á páxina web ou esta presentación dun dos seus creadores.

En youtube poderás ver algúns videos de actividades e xogos deseñados polos propios usuarios, como éstas:

 

Só temos 10 prazas. O taller está pensado para adultos que desexen montar un escornabot para os peques. Non se requiren coñecementos previos, pero sí inscripción. Ten un custo de 25€ para cubrir os costes dos materiais.

Se desexas participar, tes ata o xoves 31 de Marzo para inscribirte.

 

Genuino Day 2016: chamada a makers!

Por terceiro ano consecutivo, unímonos ás celebracións globais do Genuino Day. O sábado 2 de Abril, en Lugo, realizaremos un evento aberto e para tódolos públicos, con posibilidade de demostracións de proxectos (show & tell), breves presentacións e obradoiros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA
2015-03-28 18.35.03 2015-03-28 12.52.59
 2015-03-28 18.12.03 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Éste é un día para celebrar con outros makers e dar a coñecer o que fas ó público xeral, polo que desexamos contar co maior número posible de persoas! Abrimos o período de envío de propostas a todo aquel que desexe ter un espacio onde amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.

O formulario de participación estará aberto ata o 11 de Marzo.

PinoLed. Árbore de nadal con arduino.

Sen darnos apenas conta, xa se nos pasa outra vez o nadal…

Foi un proxecto do nadal pasado, pero que non se conseguíu acabar a tempo. Así que, como volve a ser bo momento, aprobeitamos para presentarlo, por fin, rematado. Un arboliño de nadal , con musiquiña e luces, tamén para adornar, pero feito por nós.

PinoledAs espectativas foron máis técnicas que estéticas. Polo que non nos preocupamos demasiado do acabado, se non de pensar unha forma de facelo, gastando pouco, e fedellando co noso arduino e material do taller.

Proceso_Montaje_PinoLed

Se vos interesan os intríngulis podedes votar un vistazo no sitio onde intento explicar a fondo a experiencia. Se non, polo menos que quede constancia, de que amodiño, desde makers.lugo, imos facendo, aprendendo, e compartindo…

 

Os horarios para o mes de Xaneiro de 2016 serán os sábados 2, 9, 16, 23 e 30. O horario de apertura será de 10h a 13h.

Acompáñanos e comeza o ano hackeando!

Acabamos de crear unha nova páxina onde iremos publicando os horarios mensuais de apertura, co obxectivo de que calquera que desexe pasarse polo local a coñecernos ou fedellar un rato poida facelo.

En Decembro de 2015 abrimos os sábados 5, 12 e 19. O horario de apertura será de 10h a 13h.

En Santiago e Láncara

Estas semanas foron intensas. Estivemos en Santiago e Láncara participando en sendos eventos maker.

Por vez primeira en Galicia realizouse unha mini-maker faire, en Santiago de Compostela. Alí estivemos ollando os avances do mundo asociativo e comercial. Por problemas loxísticos tiñemos que pospoñer a realización da demo do proxecto MWS (ferramenta de asistencia na sonorización de concertos), pero sí participamos na mesa de espazos makers. O noso compañeiro Andrés Maneiro estivo representando a Makers.Lugo na mesa debate conxuntamente con Bricolabs (Coruña), Recuncho maker (Santiago de Compostela) e AlgaLab (Vigo). A primeira boa nova da mesa foi enterarnos que hai un incipiente movemento maker en Pontevedra e que se están a consolidar como asociación!

scq_makerfaire_1

Días máis tarde, participamos na xornada Eu amo fedellar, organizada pola rede revolta (rede de grupos de investigación universitarios ó redor da agroecoloxía), xunto a otros colectivos como ESF Galicia, Montenoso e a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica e o Colexio Alcalde Xosé Pichel. Nesta xuntanza estiveron presentes os nosos compañeiros Suso Toural e Raúl Chamorro. Suso presentou as súas experiencias relativas a traballo con arduino e tractores. As conversas que tivemos ó longo de toda a xornada foron moi prometedoras e saímos coa sensación de que hai unha base interesante para que agrome unha comunidade de traballo ó redor da maquinaría agrícola de código aberto.

En un par de semanas remataremos esta xira de Outono coa nosa presencia na senlleira OSHWDEM, o sábado 7 de Novembro. Entón será momento de pensar en todo o que aprendemos estas semanas e retomar os proxectos que temos entre mans cun novo pulo!