Inmoov

Inmoov é un deses proxectos de innovación, o cal todo maker lle encantaría ter a oportunidade de construír ao longo da sua vida.

Dous dos nosos membros @fendetestas e @arias341 andaban a darlle voltas a contrucción deste proxecto Open Source, publicado e documentado no seguinte enlace http://inmoov.fr/ por o seu autor.

Tras chegar a un consenso entre os membros de Makers Lugo decidimos construír o robot como patrimonio para a nosa asociación, e seguir así adquirindo materiais para a divulgación das novas tecnoloxías.

O noso membro  @fendetestas , tras escoitar esta noticia, puxo a furrular a suas impresoras 3D sen parar. Tras unhas pouquiñas horas de impresión…

En Makers Lugo os nosos membros non paran,para así poder axiña usar este proxecto para seguir coa nosa divulgación.

Xa temos o torso completo imprimido e encaixado para empezar a darlle unha base sobre a que asentarse, tamén comezamos a imprimir pezas pra o ombreiro

Vaia!!, isto xa comeza a tomar forma, e parece que so falta outorgarlle a intelixencia que se merece. Dispoñemonos así a seguir coa impresión, e por suposto a espera de que aterrizen por Makers Lugo os compoñentes electrónicos. De momento agradecerlle a AMTEGA certa colaboración económica para as cámaras que farán de ollos.

Seguiremos informando…

Introducción, DEMO e primeros contactos coa ROBÓTICA de deseño aberto.

Dende a “Asociación de fomento, investigación, e desenrolo de tecnoloxías libres MAKERS.LUGO” , e na medida das nosas posibilidades queremos contribuir con pequenos empuxonciños a que a xente se anime con este mundiño de facer, aprender, e reapropiarse da tecnoloxía. Co acceso a internet, existe, hoxe en día, unha accesibilidade ó coñecemento técnico, e a compartir, que algúns creemos que, en certa medida, está a  revolucionar o mundo da I+D, e da educación. Hoxe, para nós, é un hobby. Pero cada vez máis, esta forma de compartir, estase introducindo no curriculum escolar. E probablemente, o seu paso natural sexa, dalgunha maneira, certa profesionalización.

A xente pregúntanos por cursos, e talleres.  Lugo é pequeno. En MakersLugo todavía somos poucos, e non podemos comprometernos a ensinanzas regladas ou periódicas. Pero sí nos interesa contactar con xente interesada. A retroalimentación, desvirtualización, apoio, e influxo das persoas son importantes.

Este mundo vive e medra na nube de internet. Se che atrae, interesa, e queres tratar co mundo maker, existen unha chea de webs, blogs, e clases ou tutoriais. Pero xurde a pregunta “¿por ónde empezo?”, ” ¿qué me gusta máis?”.

Nesta ocasión, a proposta de MakersLugo,  debémoslla a David @arias341. Intentará explicar, ós asistentes, as bases que forman a robótica dende o código libre e deseño aberto, presentando algúns robots básicos que el foi facendo. Como o sigueliñas (robot autónomo que percorre unha liña) ou otros como Otto (pensado para interactuar dende o teléfono mobil ou tablet), e resolver as dudas que xurdan. ¿Cómo empezar?¿por dónde?¿cómo deseñar?¿cómo compartir?¿electrónica?¿programación?¿qué me compro?¿qué estudo?¿arduino? …

Xuntarémonos  cunha Demo de Robótica  e intentaremos pinchar o “vermiño maker”. A introdución será o próximo sábado 2 de decembro pola maña (a partir das 10.30 )

ONDE: No noso sitio habitual de encontro. O CEI-Nodus (local D10). Para abrir portas e controlar aforo intentaremos contactar antes e pedímosvos que cubrades este formulario. Se nos dades uns días poñerémonos en contacto.

CANDO: O  sábado 2 de decembro a partires das 10.30. En función das dudas, a cantidad de xente, a formación…  poderá durar un par de horas.

PRAZAS: Pensamos que ó redor dunhas 10 persoas.

IDADE: Necesitase certo coñecemento mínimo eléctrico ou capacidade de abstración para a programación. A partir dos 12 anos sería unha edade ideal. Cada pai ou nai, tamén sabe o interese do seu fill@. Se quere acompañar, sempre poderemos pinchalo verme no adulto. Ata ven entrados os cen anos non hai problema.

NON É NECESARIO TRAER NADA, I É GRATIS pero preferimos que te inscribas no formulario para xestionar o acceso.

Dende a volta de vacións. Volvimos á rutina, con pilas recargadas, e cos nosos proxectos. Volvímonos a comprometer en abrir algúns sábados para quedar e ensinar o que facemos a quen queira apuntarse. Estade ó tanto en “Horarios”.

En setembro, abrimos o 16 e o 23.

En outubro todos os sábados do mes.

En novembro deixamos algo para visitar a OSHWDEM e volvemos a vernos todos os sábados de decembro…

 

Seguimos abrindo as portas os sábados de  Maio e Xuño. Por si alguén quere contactar e pasarse. Durante o verán, Xullo e Agosto, tamén seguiremos fergellando. Pero cambia a nosa rutina, así que non poderemos comprometer a apertura pública do local os fines de semana. Se estades moi interesados intentade contactar. E si non, estade pendentes, para a volta, hacia Setembro.

Taller de iniciación a ARDUINO.

Hai poucos días, dende MakersLugo, aproveitamos a celebración do Arduino Day 2017, para facernos visibles na nosa cidade. Tivemos certo éxito. E varias persoas interesáronse polo mundillo maker e preguntaban ónde aprender Arduino ou si faciamos talleres.

Así que imos a aproveitar o tirón e atrevernos a ensinar o que poidamos saber para axudar a “fabricar” máis makers… En principio intentaremos un taller de iniciación a Arduino.

O taller será o sábado 6 de maio pola maña (de 10.30 a 13.30). A nosa idea é, que se trate dunha primeira toma de contacto ou “bautismo”, para quen non se atreve a empezar, e lanzalo a imaxinar os seus propios primeiros proxectos.

Será unha sesión sobre todo práctica, para aprender a posta a punto do entorno de desenrolo do Arduino, o asunto das entradas e salidas, con pulsadores e leds. Conceptos e compoñentes básicos de electrónica mínima. E si nos da tempo algo de audio.

ONDE: No noso local de xuntanza. No CEI-Nodus, local D10. Como hai que abrir portas necesitaremos contactar antes. Para o que pedimos que cubrades  este formulario. Se nos dades uns días poñerémonos en contacto.

CANDO: o sábado 6 de Maio de 10.30 a 13.30.

PRAZAS: Pensamos nunhas seis plazas.

IDADE: Por cuestión de que se necesita certa capacidade de abstracción, e algún coñecemento do que é un circuito eléctrico (saber acender e apagar unha bombilla), consideramos 12 anos unha idade mínima orientativa. Por riba dos cento e pico anos non hai problema.

QUÉ HABERÍA QUE TRAER ?: Podemos prestar algún aparatiño para ver de que se trata o asunto, máis se podes traer un portátil (mellor co software IDE Arduino instalado para aforrar tempo) e un Arduino (calquera pero un UNO que é fácil de conseguir en tendas de electrónica é ideal), permitiría que leves para a casa xa todo listo para que a “cabeza non pare” despois dese día.

É GRATIS, sí, pero tes que incribirte no formulario para controlar as prazas. (A día 20 de abril cerramos o formulario porque xa cubrimos as prazas. Podedes estar pendientes por si hai algunha baixa. Se non será noutra, según vexamos que vai saíndo esta)

 

Axenda #ArduinoD17

Confirmados máis de 450 eventos a nivel mundial para a celebración do Arduino Day 2017. En Lugo, unímonos este próximo sábado 1 de abril. Estamos a traballar ultimando a axenda, bótalle un vistazo.

No CEI-Nodus. No segundo andar. Entrada pola porta máis cercana á cafetería. Aberto de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00. Seremos makers de varias asociacións,  e de toda Galicia. Presentaremos os nosos cacharros. Demos de robotiños, siguelíñas, minisumo, Garabullo, Escornabots (destos hai un taller) … Zona de cacharreo para probar e aprender.  Trae o teu portátil ( e si tes, un arduino, aínda que haberá algún para probar) e poñémoste a andar con él. Poderás coñecer de primeira man ás persoas que hai detrás dos proxectos. Mirar, contactar, preguntar e aprender.

Montaxe de escornabots no ArduinoDay 2017!

Dentro das actividades do Arduino Day 2017, durante o sábado 1 de Abril temos preparado un taller de montaxe de escornabots. Se aínda non coñeces o proxecto, bótalle un ollo á páxina web ou esta presentación dun dos seus creadores:

En youtube poderás ver algúns videos de actividades e xogos deseñados polos propios usuarios, como éstas:

Só temos 15 prazas. O taller está pensado para adultos que desexen montar un escornabot para os pequenos. Non se requiren coñecementos previos, pero sí inscripción. Ten un custo de 42€ para cubrir os costes dos materiais. Os participantes levarán o escornabot que monten y poñan a funcionar.

Se desexas participar, tes ata o venres 31 de Marzo para inscribirte.

Arduino Day 2017. ¡CHAMANDO A MAKERS!

En MakersLugo, outro ano preparando outra xuntanza máis. Xa vamos pola cuarta! Querémonos unir á celebración, a nivel mundial, do Arduino Day. O sábado día 1 de Abril, en Lugo. Libre e aberto a tódolos públicos. Demostracións de proxectos e obradoiros. Vémonos con outros makers. Ensinamos o que facemos…

Así que gustaríanos contar co maior número de persoas. Queremos abrir un periodo de envío de propostas de todo aquel que queira amosar o que está a facer, realizar algún obradoiro relacionado con Arduino e tecnoloxía libre, ou dar publicamente unha presentación breve dos seus proxectos.

Ata o 18 de Marzo, deixaremos aberto aquí, un formulario de participación: