Faite socio de Makers Lugo

Este ano que comeza vén cargado de ilusión e novidades para a asociación Makers.Lugo. Unha das novidades deste ano é que abrimos a posibilidade de colaborar económicamente coa asociación.

Logo de 3 anos pola cidade fedellando e creando un sitio onde os makers da redonda se atopen entre sí para compartir proxectos, coñecementos e bos momentes, éste é un paso que nos fai ilusión. O diñeiro das cuotas usarémolo para manternos sostibles e facer as actividades que queremos facer e que poderedes seguir a través do noso blog – ou mellor, compartir connosco se te pasas polo local.

Convertirte en socio dá dereito a participar nas asambleas anuais da asociación, co resto de socios e a xunta executiva. A cuota son 5€/mes que cobraremos dúas veces por ano. Podes consultar as instruccións nesta páxina.

Queremos engadir tamén que todo aquel que teña alma maker é sempre benvido a participar en todo o que fagamos, colabore económicamente ou non, xa que entendemos que cada persoa colabora e participa de maneiras distintas según os seus intereses e posibilidades.

Para rematar, queremos desexar que o ano que comeza vos brinde a todos bos momentos makers!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *