Eventos para un outono maker

Remata o verán e recuperamos as forzas todas para continuar trasteando e construindo proxectos. Para este outono, os makers.lugo estaremos participando de diferentes maneiras nos seguintes eventos:

Gijón, Ancovoligo – 7 ó 11 de Outubro

Estaremos no primeiro GNU Social Camp a nivel internacional, onde coñeceremos a algúns dos pioneiros do movemento indie web e da web distribuida. Asistiremos tamén á charla de Alejandro Simón do proxecto Kano, que contará a experiencia de expansión dunha empresa a partir dun proxecto que nace mediante crowdfunding. Posteriormente, estaremos nos seminarios de creación de empresas de economía directa con Alejandro e Lucía García, do FabLab da Universidade Laboral de Gijón.

Santiago de Compostela, SCQ Maker Faire – 17 de Outubro

Organizada polo equipo de VermisLab, esta feira reunirá a xente de diversos mundos que teñen moito en común: dende os makers de faino ti mesmo ata os artesáns. Será a primeira Maker Faire realizada en Galicia e estaremos alí por partida doble: Raúl Chamorro estará presentando o seu proxecto de sonorización de espacios e Andrés Maneiro representará a makers.lugo nunha mesa redonda sobre os espacios makers nas cidades de Galicia.

A Coruña, OSHWDEM – 7 de Novembro

A xa senlleira OSHWDEM realiza a súa 4ª edición e nós non podemos menos que participar para aprender dos nosos irmáns maiores, BricoLabs. Desta volta non presentaremos proxectos nin charlas, simplemente desfrutaremos das persoas e proxectos que por alí pasan.

Ó longo de todo o eixo cántabro-atlántico, de Gijón a Coruña pasando por Santiago de Compostela, este outuno haberá actividades maker para todos. Anímate a participar!

4 comentarios en “Eventos para un outono maker

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *