Taller para iniciarse na soldadura e na programación con Arduino: B.A.T.S.

Cargando mapa....

Data/Hora
Date(s) - 12/05/2018
10:30 am - 7:00 pm

Ubicación
CEI Nodus
Avenida da Coruña, 500 - Lugo


Dentro da celebración de Arduino Day 2018, en Lugo, aproveitamos a inextimable colaboración de Bricolabs e ofrecerase, este 12 de Maio, tamén un taller de iniciación á soldadura e a programación con Arduino: B.A.T.S.

¿Qué é o B.A.T.S.?

BATS é o acrónimo en inglés de BricoLabs Arduino Training Shield (escudo de instrución de Arduino de Bricolabs). A placa BATS é un escudo que se monta enriba do Arduino. Está pensada para iniciarse no mundo da programación de Arduino aforrando tempo de montaxe i errores, especialmente no eido do ensino. Pero ao mesmo tempo trátase dun deseño aberto, feito con Kicad, que montaremos nós mesmos, aprendendo a soldar e tocando o mundo da electrónica. Tes toda a información en https://github.com/brico-labs/BATS

BATS shield

 

¿Qué se vai facer no taller?

O taller está pensado para unhas catro horas (mañá de 11.00 a 13.00 e tarde de 16.30 a 18.30), para maiores de 12 anos e adultos de calquer edad.

Na primeira parte do taller veranse as técnicas básicas de soldadura, e montarase dende cero o escudo, soldando os compoñentes sobre a placa de circuito impreso. Unha vez montada a placa comprobarase algunha das posibilidades que ofrece facendo programas doados de Arduino que mostre algunhas das funcionalidades.

 

¿Cómo inscribirse para o taller?

Temos 10 plazas dispoñibles. O taller será gratuito, pero para inscribirse necesitas enviar petición a este formulario  para organizar os talleres. Recibirás unha confirmación automática do correo. Posteriormente poñerémonos en contacto contigo para confirmar e mandarche instruccións.

Participantes confirmados: