Taller de montaxe de escornabots 2018!!

Cargando mapa....

Data/Hora
Date(s) - 12/05/2018
10:30 am - 1:30 pm

Ubicación
CEI Nodus
Avenida da Coruña, 500 - Lugo


Outro ano máis, visto o éxito dos outros dous anteriores, dentro da celebración do Arduino Day 2018, en Lugo,  o 12 de Maio, @uhiglz impartirá  un novo taller de montaxe de escornabots. Será intenso pola mañá. Quen queira e probable que alargemos un pelín pola tarde xogando xa con el montado.

Qué é o escornabot?

O escornabot é un proxecto de código aberto que ten como obxectivo achegar a robótica e a programación ós nenos e ás escolas.

A través das familias viaxeiras e talleres como o que imos facer tense distribuido por colexios de toda España e un bo feixe de nenos e familias xa poden desfrutar de toda unha serie de xogos e actividades pre-deseñadas ou facer eles mesmos as súas! Ideal para xogar pequenos de 3 a 10 anos, e ideal para empezar no mundiño maker para os máis maiores.

Para coñecelo mellor podes visitar a súa web  ou propoñémosvos mirar un par de videos.

Este sobre o que é o escornabot:

Este sobre o que representa para os makers que elixen  diseño aberto:

Qué imos facer no taller?

Neste taller imos montar escornabots. Non se precisa experiencia previa, as instruccións de montaxe son moi sinxelas. Está pensado para adultos, ou menores maiorciños acompañados, que desexen un escornabot (maestros, pais e nais, aficionados á robótica educativa, etc). O obxectivo é que tódalas persoas que participen no taller se leven o seu propio escornabot para a casa, así como unha serie de ideas de xogos e actividades que se poden realizar cos nenos.

Cómo inscribirse?

Temos 15 plazas dispoñibles. Require inscripción previa e un pago de 42€ para cubrir os costes de material.

Para inscribirse basta con enviar a petición neste formulario.  Recibirás unha confirmación automática do correo. Posteriormente poñerémonos en contacto contigo para enviarche as instruccións de cómo realizar o pago e confirmar a túa plaza.

 

Participantes confirmados: