Data/Hora
Date(s) - 12/05/2018
10:30 am - 7:00 pm
Ubicación
CEI Nodus
Avenida da Coruña, 500 - Lugo
Dentro das celebracións do Arduino Day 2018, en Lugo, o 12 de Maio realizarase, por cortesía de Galink, un taller de primeiro contacto co modelado en 3D.
Calquer obxecto tridimensional, que queiras imprimir cunha impresora 3D, ten que ser primeiro desenrolado e representado matematicamente mediante un software especializado.
Galink proponse impartir unha serie de catro talleres demostrativos de unha hora aproximadamente. Saber o que se pode facer i experimentar.
Haberá sitio para 6 persoas. O taller está pensado para rapazada de 8 a 16 anos. Tamén quedará algún equipo libre para miróns, curiosos, e os que queiran preguntar algo puntual…
Intentaranse un par de talleres pola mañá (11.00 a 12.00 e de 12.30 a 13.30) e outros dous pola tarde (16.30 a 17.30 e 18.00 a 19.00).
Serán gratuitos pero será necesario que te apuntes cubrindo este formulario para poder organizalos. Recibirás unha confirmación automática do correo. Posteriormente poñerémonos en contacto contigo para enviarche instruccións.
Participantes confirmados: