Competición de sumobots. ArduinoDay2018-Lugo

Data/Hora
Date(s) - 12/05/2018
5:30 pm - 6:30 pm

Ubicación
CEI Nodus
Avenida da Coruña, 500 - Lugo


No Arduino Day do ano pasado improvisamos algunha demo de competicións de robots sigueliñas e de minisumo. Así que este ano 2018, o 12 de maio, animados por xente de Bricolabs, ímonos  atrever a organizar competicións por primeira vez, no Arduino Day de Lugo. Pretendemos que sexa algo divertido e para todas as idades. Le con atención as regras e verás que non todo será ser o máis rápido.

 

¿Qué é un robot de minisumo?

Unha competición de robots de minisumo basicamente son dous robots que pelexan dentro dun tatami circular (dohyo). Coma nas loitas de sumo xaponesas, cada  robot trata de botar ao contrincante fora do ring circular.

Que sexa “mini”, refírese ao tamaño do campo e o tamaño do robot.

Regras:

Como toda normativa as regras concretas son algo con certa chicha.  Asi que como novatos, e tamén por tratar de unificar, de cara a unha liguilla galega ou cousas polo estilo,  imos propoñer as que xa  traballaron a xente  de bricolabs.

Por cortesía deles, as regras do noso minisumo  quedan neste enlace.

Inscricións:

Se decides vir no último momento (o minisumo será pola tarde) tamén intentaremos facerche sítio ata un rato antes (haberá que facer os cruces de enfrentamento) . Queremos que a xente se anime. Pero sempre preferenciaremos aos inscritos e confirmados previamente. Para ir organizando a competición, e asegurar sitio, pedímosche que te apuntes previamente neste enlace de aquí.

 

Participantes confirmados: