Competición de sumobots no Arduino Day Lugo 2019

Data/Hora
Date(s) - 06/04/2019
5:30 pm - 6:30 pm

Ubicación
CEI Nodus
Avenida da Coruña, 500 - Lugo


No Arduino Day do ano pasado improvisamos unhas competicións de robots sigueliñas e de minisumo. Así que este ano 2019, o 6 de Abril, animados de novo pola xente, ímonos  atrever de novo a organizar competicións no Arduino Day de Lugo. Pretendemos que sexa algo divertido e para todas as idades. Le con atención as regras e verás que non todo será ser o máis rápido.

 

¿Qué é un robot de minisumo?

Unha competición de robots de minisumo basicamente son dous robots que pelexan dentro dun tatami circular (dohyo). Coma nas loitas de sumo xaponesas, cada  robot trata de botar ao contrincante fora do ring circular.

Que sexa “mini”, refírese ao tamaño do campo e o tamaño do robot.

Regras:

Como toda normativa as regras concretas son algo con certa chicha.  Asi que como novatos, e tamén por tratar de unificar, imos usar as que propoñen Open RoboSports.

Por cortesía deles, as regras do noso minisumo  quedan neste enlace.

Inscricións:

Se decides vir no último momento (o minisumo será pola tarde) tamén intentaremos facerche sítio ata un rato antes (haberá que facer os cruces de enfrentamento) . Queremos que a xente se anime. Pero sempre preferenciaremos aos inscritos e confirmados previamente. Para ir organizando a competición, e asegurar sitio, pedímosche que te apuntes previamente neste enlace de aquí.

 

Participantes confirmados: