Competición de robots sigueliñas. ArduinoDay2018-Lugo

Data/Hora
Date(s) - 12/05/2018
12:30 pm - 1:30 pm

Ubicación
CEI Nodus
Avenida da Coruña, 500 - Lugo


No Arduino Day do ano pasado improvisamos algunha demo de competicións de robots sigueliñas e de minisumo. Así que este ano 2018, o 12 de maio, animados por xente de Bricolabs, ímonos  atrever a organizar competicións por primeira vez, no Arduino Day de Lugo. Pretendemos que sexa algo divertido e para todas as idades. Le con atención as regras e verás que non todo será ser o máis rápido.

¿Qué é un robot sigueliñas?

Considerados un pouco o “Hola mundo” da robótica. Son robots, en principio sinxelos (todo pode complicarse moito), que teñen como fin seguir unha liña no chan, e como meta facelo o máis rápido posible.

Regras:

Como toda normativa as regras concretas son algo con certa chicha.  Asi que como novatos, e tamén por tratar de unificar, de cara a unha liguilla galega ou cousas polo estilo,  imos propoñer as que xa  traballaron a xente  de bricolabs.

Por cortesía deles, as regras quedan neste enlace.

Nós, pola cousa do evento que se trata, propoñemos un puntiño máis para aquel robot sigueliñas que leve un arduino dentro.

E tamén gustaríanos advertir que pode ser, que por problemas de espacio ou asentamento do tapíz no chan non respetemos ven os 4m²

Inscricións:

Se decides vir no último momento tamén intentaremos facerche sítio. Queremos que a xente se anime. Pero sempre preferenciaremos aos inscritos e confirmados previamente. Para ir organizando a competición, e asegurar sitio, pedímosche que te apuntes previamente neste enlace de aquí.

Participantes confirmados: