Competición de robots sigueliñas no Arduino Day Lugo 2019

Data/Hora
Date(s) - 06/04/2019
11:30 am - 12:30 pm

Ubicación
CEI Nodus
Avenida da Coruña, 500 - Lugo


No Arduino Day do ano pasado improvisamos unhas competicións de robots sigueliñas e de minisumo. Así que este ano 2019, o 6 de Abril, animados de novo pola xente, ímonos  atrever de novo a organizar competicións no Arduino Day de Lugo. Pretendemos que sexa algo divertido e para todas as idades. Le con atención as regras e verás que non todo será ser o máis rápido.

¿Qué é un robot sigueliñas?

Considerados un pouco o «Hola mundo» da robótica. Son robots, en principio sinxelos (todo pode complicarse moito), que teñen como fin seguir unha liña no chan, e como meta facelo o máis rápido posible.

Regras:

Como toda normativa as regras concretas son algo con certa chicha.  Asi que como novatos, e tamén por tratar de unificar, imos usar as que propoñen Open RoboSports.

Por cortesía deles, as regras para velocistas quedan neste enlace. As regras para os siguelineas seran menos extrictas para facer mais accesible a todos os publicos.

Nós, pola cousa do evento que se trata, propoñemos un puntiño máis para aquel robot sigueliñas que leve un arduino dentro.

Inscricións:

Se decides vir no último momento tamén intentaremos facerche sítio. Queremos que a xente se anime. Pero sempre preferenciaremos aos inscritos e confirmados previamente. Para ir organizando a competición, e asegurar sitio, pedímosche que te apuntes previamente neste enlace de aquí.

Participantes confirmados: