Escornabots Viaxeiros

Dende MakersLugo queremos tamén contribuir coa idea de poñer a disposición os  nosos Escornabots.

O Escornabot é un robotiño de código e hardware abertoideal para introducirse no mundo da robótica, da programación, e de Arduino. Cos botóns podes programar secuencias de movementos que permiten xogos cos máis pequenos, e o montaxe, fabricación, desenrolo supón un reto (Do it yourself DIY) para os maiores.

Xa, a xente  do proxecto orixinal, propoñen a feliz idea de distribuilos polo mundo e que se multipliquen… Con filosofía similar, pódense encontrar iniciativas parecidas pola rede (Aragón, Valencia, …).

En MakersLugo temos algúns de sobra. Así que optamos por montalos e agora queremos que tamén se dediquen a viaxar. Queremos compartir e que medre a filosofía do “hardware  e software libre e aberto“, o de “facer un mesmo”, e que o bichiño, incluso,  poida evolucionar.

Se eres mestre de infantil ou primaria, academias, asociacións, ou grupo interesado e queres ensinar robótica pero non tes material, propoñémos prestarche nós uns escornabots.

Pola vosa parte só vos pedimos documentar e compartir dalgún seito aberto o que fagades (taller, xogos novos, colexio e profesorado que o fai, posibilidade de contacto con eles para outros,…) . E que o nome de “escornabot” e “MakersLugo” figure. Pode ser blog do colexio, carteis,… 

Para faceros con eles teredes que pedilo, contactando aquí expresamente con MakersLugo mediante o correo electrónico. Teremos que saber: o nome e dirección do centro, asociación, etc; un correo electrónico,nome e teléfono do responsable para manter contacto; e unha mínima descripción da experiencia en robótica, diseño da actividad e posible necesidad de axuda.

Coas solicitudes recibidas peñerémonos en contacto e comentaremos a forma de facer o proceso. Escollerémos según nos interese e conveña millor a nós (facilidad de contacto, coincidencia de datas,  pasión e interese en compartir e aportar, falta de recursos do centro, …)

Escornabots viaxeiros de MakersLugo

Pola nosa parte, o préstamo do material será gratuito, e a única pretensión e que rule…   A idea é que o material pase por moitas mans, así que vos pedimos que se trate co maior cariño posible para que poida chegar a máis xente. Por favor, calquer incidencia precisa ser comentada. E normal que surdan averías. Trataremos de poñer remedio pola nosa parte sen cargo por elo, pero necesitamos seriedade e compromiso pola vosa parte con datas, plazos, comunicación e cuidado. Os escornabots irán revisados e con baterías. Pedimos que tamén volvan revisados (se teñen averías que sexan  comunicadas) e coas baterías que valgan para os seguintes.

Se vos animades. Aquí estamos

AGRADECEMENTOS

Ao equipo iniciador do escornabot (Tucho, Xoan, Rafa) que ademáis da comunidade escornabótica teñen moito que decir tamén da existencia de MakerLugo.

Aos que coñecemos que siguen motivando o proxecto: Pablo, Xabier, …

A AMTEGA que financiou a maioría dos bichiños que irán de viaxe.