Visita de Esdrufi ao local de Makers Lugo

O sábado día 24 de Agosto, @esdrufi pasouse polo noso local, a presentarnos un dos seus últimos proxectos. O seu ultimo proxecto son uns robotiños de mini sumo, con unhas medidas de 5x5x5 centímetros.

Para este robotiño @esdrufi diseñou unha placa desa medida para integrar todos os compoñentes de control, que estos robots necesitan. Ao diseñar esta placa @esdrufi pensou tamen en facer unha plaquiña universal, para que con ela se poida construir non so un mini robot de sumo, se non tamen robots siguelineas, e o que pola nosa mente se pase!!

Aquí vos deixamos unhas fotos dos robots que se pasaron este sábado por Makers Lugo, a dar un paseo, e para que todos os coñecéramos.

Dar grazas a @esdrufi pola visita, e por unha maña chea de charla e cacharreo do bo, e ademais por deixarnos en Makers Lugo, unha mini plaquiña para construir o noso primeiro robot de mini sumo!!

Pronto nos poñeremos mans a obra para que en Makers Lugo, haxa un destos robots tan pequechos, pero a vez tan peleons!!

Taller de Iniciación ao Deseño 3D

Vendo durante a celebración do Arduino Day Lugo 2019, que a impresión 3D segue a ser das tecnoloxias que máis chama a atención, este ano decidimos realizar unha serie de talleres relacionados con esta tecnoloxia.

O sábado día 7 de Septembro en horario de 11:00 a 13:30 realizaremos un taller de iniciación ao deseño 3D. Estará aberto a todas as idades superiores aos 8 anos. Se a persoa asistente ao taller e menor de 16 anos, deberá vir acompañado dun adulto.

O taller contara das seguintes partes:

  • Iniciación ao deseño 3D en Tinkercad.
  • Diseño dunha peza en tres dimensións.
  • Exportación do deseño 3D a .stl.

E necesario traer portátil,pero non e necesario instalar ningún programa previo ao taller!!

Debido a que temos un espazo reducido, temos prazas limitadas para este taller, polo que para garantir a asistencia e necesario cubrir o seguinte formulario. Preferencia de asistencia para socios.

AS PLAZAS ESTÁN COMPLETAS!!

AGRADECEMENTOS: