ARDUINO DAY 2018: ¡¡¡chamando a makers!!!

Dende MakersLugo, este 2018 será o quinto ano consecutivo que intentaremos outro evento maker aberto a tódolos públicos. Aproveitando a celebración global do Arduino Day, será o sábado 12 de Maio, en Lugo.

Pretendemos que sexa un día de celebración, con outros makers, de coñecernos, de charlas, de ideas, e de mostrar esa cacharada que fas na casa, ao público. Como o que nos gusta é compartir e aprender, estamos deseosos de novos «trasteadores» e «pensantes», que queiran mostrar os seus proxectos, presentarnos as súas ideas, ou facer pequenos obradoiros.

ArduinoDay2017Lugo

Nós mostraremos algo do que temos entre mans, pero queremos contar co maior número de persoas. Así que dende aquí abrimos un período de propostas a todo aquel que desexe un espacio para amosar o que está a facer, realizar un obradoiro relacionado con Arduino e as tecnoloxías libres, ou dar unha breve presentación pública dos seus proxectos.

Para tratar de organizar, o formulario de participación estará ata os últimos días antes do evento. Ou a través do contacto deste blog.

Montaxe de escornabots no ArduinoDay 2017!

Dentro das actividades do Arduino Day 2017, durante o sábado 1 de Abril temos preparado un taller de montaxe de escornabots. Se aínda non coñeces o proxecto, bótalle un ollo á páxina web ou esta presentación dun dos seus creadores:

En youtube poderás ver algúns videos de actividades e xogos deseñados polos propios usuarios, como éstas:

Só temos 15 prazas. O taller está pensado para adultos que desexen montar un escornabot para os pequenos. Non se requiren coñecementos previos, pero sí inscripción. Ten un custo de 42€ para cubrir os costes dos materiais. Os participantes levarán o escornabot que monten y poñan a funcionar.

Se desexas participar, tes ata o venres 31 de Marzo para inscribirte.